Varias comunidades educativas participaron no evento organizado polo CRA valgués
Naceu durante o confinamento e quedou: o CRA de Valga organiza dende hai anos unha versión propia de Eurovisión. A final do certame deste ano celebrouse no auditorio municipal, onde o Festivalga 2023 reuniu a estudantes, familias, usuarios do CODI e do Centro de Día con gañas de pasalo ben e bailar coas imitacións e actuacións de temas participantes en Eurovisión, Eurojunior ou nos certames de preselección.
Durante a gala, presentada por Adrián Baloira e Antía Piñeiro, director e secretaria do CRA de Valga, proxectáronse as trinta actuacións participantes nesta cuarta edición do Festivalga. Alumnado, profesorado e comunidade educativa do CRA e doutros centros de Valga coma o colexio Ferro Couselo ou a escola infantil municipal, familias, representantes doutros CRAs de Galicia… A participación foi do máis heteroxénea e de orixes moi diversas: Ordes, Pontevedra, Ponteceso, Vigo ou Vilaboa, por citar algunhas das localidades.
Houbo, claro, actuacións que destacaron tanto como para merecer premio. Pero os galardóns foron o menos importante dunha xornada de convivencia.
—Deben dar, cando o ministerio non intervén. O Concello de Valga ten os impostos mínimos e non nos obrigan a cambiar, porque están as contas ben.
—Comezou coma independente.
—En 1991, dous mandatos. E unha candidatura independente non é un salto ao baleiro. No noso grupo hai xente que nas xerais vota a outros partidos, así que non todos son do PP. Somos un equipo, practicamente unha familia.
—Compensou o ingreso no PP?
—Eu sempre digo que o alcalde poderá ser o que queira, pero sempre ten que tentar ser sensato. Os veciños de Valga están contentos co que teñen, e eu tamén estou contento. Pero merecen máis dos organismos oficiais e do propio partido. E, por suposto, tamén da Xunta. Fixeron méritos suficientes para bastante máis do que recibiron.
—Pero isto non cansa?
—Nunca pensei que podería presentarme sequera a concelleiro. Non estaba pola política, non ía comigo. Fíxese que no 83 fomos, cun grupo de amigos, ver un pleno e saímos completamente decepcionados. Aquilo eran todo insultos e descualificacións. Case chegan ás mans. Pero a política é unha droga.
—Explique isto.
—Cando un entra por primeira vez é porque cre que os veciños merecen un servizo que non teñen. A droga vén a continuación, cando logras dar algo aos teus veciños. Iso engancha. Aquí estamos todos voluntarios, ninguén te obriga a presentarte, e pasar ese test cada catro anos dende hai 32 con maioría absoluta é unha satisfacción e unha honra. A xente cárgache as pilas.
—Ten gasolina para rato, logo.
—Hai gasolina de momento. Xa digo que somos coma unha familia, só hai un cambio con respecto ás listas anteriores, e cremos que podemos continuar aportando cousas. Ademais, o alcalde de Valga é máis novo có alcalde de Vigo. Así que digo eu que si.
—Seica unhas concelleiras lle cambiaron a vostede o despacho.
—Cambiaron, si, hai uns anos, quitaron a mesa e montaron uns sofás. A verdade é que se usaba pouco, porque temos unha sala de comisións máis operativa. Non me avisaron. Coincidiu cunha viaxe a Bos Aires. E cando me incorporo atopo a porta pechada, cando sempre está aberta. Dentro, unha das tenentes de alcalde, e outra concelleira fóra, para ver a cara que puña.
—Boa cara?
—De sorpresa. Non o esperaba, pero foi positivo e útil.
—Dígame, é vostede da Bella Otero ou de Prisciliano?
—Sen dúbida, Prisciliano está soterrado na capela dos Martores, non na catedral de Santiago, eh? Pero clarisimamente eu quedaría coa Bella Otero.
—Para rematar, púxose vostede algunha vez a dieta?
—Ando moito e fago exercicio. Aliméntome con produtos naturais e vivimos no rural. Estou en liña. Iso das dietas é para outros.