Oito negocios participan no concurso Tapa a Anguía de Valga.

Terá lugar nas dúas últimas fins de semana de agosto

A Ruta-Concurso «Tapa a Anguía», que o Concello convoca anualmente dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, xa ten establecementos participantes. Serán pastelería Caprichos, bar Maneiro, bar Potel, café-bar Couceiro, cafetería Auditorio, bar Pardal e Praia Fluvial de Vilarello. O Concello de Valga será o encargado de facerlles chegar a anguía xa limpa para que poidan preparar as tapas. A ruta prolongarase durante as dúas últimas fins de semana de agosto. O apartado de concurso celebrarase os días 21 e 22, mentres que na seguinte fin de semana tan só haberá degustación. Os petiscos serviranse de xeito gratuíto coas consumicións.

La Voz de Galicia

Restriccións pola COVID en Pontecesures.

Nivel medio

Incidencia acumulada para o concello. Entre 250 e 500.

Mobilidade: Libre.

Interiores de locais e terrazas: 50% do aforo.

Peche: 1:00 horas.

Ocio nocturno: Pechado.

Máximo de persoas reunidas no exterior: 10.

Máximo de persoas reunidas en interior: 6 ou dous grupos de conviventes.

De 3:00 a 6:00 horas: Só conviventes.

El Correo Gallego