Alba Blanco, Iria Collazo e Erea Eitor participarán agora na final estatal do certame, que será o vindeiro mércores
Alba Blanco, Iria Collazo e Herea Eitor, estudantes do IES de Valga, proclamáronse gañadoras da fase autonómica do concurso Odisea de Cultura Clásica. As tres mozas, que cursan as materias de Latín e Grego na rama de Humanidades e Ciencias Socias de Bacharelato, destacaron entre os 298 equipos galegos participantes por ser as que conseguiron responder a todas as preguntas nun menor tempo: unha hora, seis minutos e oito segundos. O equipo concursou baixo o nome de Nefos, que significa nube en grego, e impúxose na final de desempate aos grupos do IES Val Miñor, de Nigrán, e IES Río Miño, de Rábade. Hai que destacar que a marca acadada polo equipo do IES de Valga foi a quinta mellor de toda España.
Alba, Iria e Herea terán unha nova oportunidade de demostrar os seus coñecementos en cultura clásica participando na final nacional do certame, que na súa 18 edición ten como temática a auga en Grecia e Roma. A proba será o vindeiro mércores, día 8, e nesta fase participarán equipos das dez comunidades españolas que superaron as fases autonómicas.
Representates do Concello e da Xunta xantaron onte co empresariado local
En Valga celebrouse este venres ao mediodía a habitual xuntanza de traballo entre o empresariado local e representantes do Concello e da Xunta para palpar as inquedanzas das industrias asentadas en Valga. Asistiron responsables de firmas como Urovesa, Extrugasa, Exlabesa, ODL, Transportes Jamardo, Transportes Touceda, Víctor Castiñeiras, Valdeza, Eldesa, Serrerías Rodríguez, Lema e Hormadisa -Barton e Intavalsa non puideron asistir por motivos de axenda-.
Os empresarios tiveron a ocasión de plantexar as súas necesidades a autoridades das administracións autonómica e local. A Xunta estivo representada pola conselleira de Promoción do Emprego, Mª Jesús Lorenzana; a secretaria xeral de de Apoio ao Emprego e Traballo autónomo, Covadonga Toca; e a secretaria xeral de Industria, Paula Uría. Por parte do Concello participaron na xuntanza, que debido á pandemia levaba sen celebrarse dende 2020, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez.
O rexedor sinalou que «é importante» estar en permanente contacto co mundo empresarial para coñecer de primeira man cal é «a súa realidade e para que os responsables das administracións poidamos adoptar medidas que sexan realmente efectivas á hora de mellorar a súa produtividade». Na mesma liña, a representante da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Paula Uría, amosouse aberta a «colaborar» co empresariado valgués para favorecer o seu crecemento e competitividade.
Andrés Quintá, máximo responsable de Extrugasa e presidente da asociación de empresarios dos vales Ulla e Umia, foi o encargado de poñer voz ás problemáticas que afectan hoxe en día aos empresarios de Valga, principalmente un asunto recorrente dende hai anos: a carencia de solo industrial. «Un polígono en Valga é esencial para evitar a emigración de empresas fóra da localidade, atraer os investimentos e gañar en riqueza e emprego», destacou Quintá. Na mesma liña, lamentou «os continuos atrasos na aprobación de proxectos de ampliación das nosas instalacións», polo que reclamou ás administracións «unha tramitación rápida para evitar que se perdan oportunidades de negocio e se condenen proxectos estratéxicos».
O empresariado está a tamén a facer fronte á situacións que afectan ao conxunto da cidadanía, coma a subida dos custos de produción debido ao incremento do prezo dos combustibles, a electricidade ou as autopistas, o que «crea graves problemas». E a isto engádese unha eiva que vén de longo, como é a falta de man de obra cualificada. Quintá urxe unha «aposta decida pola Formación Profesional e que Universidade e empresas camiñen xuntas, reformulando o catálogo de ensinanzas para facelas acordes á realidade e ás necesidades empresariais e para promover a innovación e o desenvolvemento». A este respecto, a conselleira Mª Jesús Lorenzana concordou na importancia de «conseguir casar a oferta e a demanda de vacantes laborais que teñen agora mesmo as empresas, incorporándoas ao mundo das relacións laborais e ao deseño da formación para o emprego».
Dende o pasado mes de xaneiro, o Xardín Botánico Artístico de Padrón suma aos seus innumerables recoñecementos a certificación Observer para espazos singulares. Tal e como subliña a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “trátase dun selo de calidade que recoñece tanto o seu alto valor natural como o seu óptimo estado de conservación ou as facilidades que ofrece para coñecelo e visitalo, todas elas circunstancias que lle permiten sumarse á Rede de destinos Observer con interese científico”.
Entre os puntos fortes do xardín, a certificación salienta a simbiose entre natureza e cultura con “numerosas especies botánicas catalogadas como singulares e multitude de puntos de interese que fan referencia a autores locais que definiron a historia de Galicia”. Tamén destaca as “coidadosas” medidas de conservación e a “abundante información dispoñible” na web de Turismo de Padrón e no propio parque, que conta con códigos QR situados nas principais localizacións. Outro dos puntos é a realización de visitas guiadas e de actividades para os colexios, subliñando a aposta por empresas da zona para levalas a cabo.
Padrón 10K reunirá este sábado a 1.167 atletas nas diferentes categorías, o que sitúa á vixésima edición desta carreira “no top3 de todas as celebradas ata o momento polo número de participantes”, según a concelleira de Deportes, Lorena Couso. Os pitufos tomarán a saída ás 16.00 horas no campo do Souto, ás 16.45 horas sairá a proba 5k e ás 17.30 a carreira de dez quilómetros. Para garantir a seguridade das persoas participantes, o Concello anuncia restricións tanto no tráfico rodado como no aparcamento en varias rúas da vila, afectadas polo percorrido da carreira entre as 15.30 e 19.00 horas. Lorena Couso xustifica a restricións na circulación polo gran volume de participantes. “Temos 1.167 atletas competindo e debemos garantir a seguridade de todos os participantes e o bo desenvolvemento da proba”, remarca. Para a concelleira de Deportes, a 10K contribuirá este sábado a crear un gran ambiente na vila, ao xuntar atletas, familiares e amigos, e suporá un motor económico para moitos dos negocios locais. Os cortes de tráfico afectarán ao Campo do Souto (lugar de saída e meta da proba), á rúa Travesía da Feira, Agro do Medio e rúa Castelao, á praza da Leña así como ás pistas municipais que van paralelas ao río Sar ata a desembocadura (accesos, paseo e carril bici). No que atinxe ao aparcamento, Lorena Couso indica que se delimitarán zonas de estacionamento restrinxido no Campo do Souto durante toda a xornada. A concelleira de Deportes apela á colaboración cidadá e lamenta as molestias que as limitacións de tráfico e de aparcamento poidan ocasionar á veciñanza. Xunto á carreira de dez quilómetros, a edición da 10K Padrón inclúe como novidade unha proba homologada de cinco quilómetros. Participarán na carreira tanto atletas federados como non federados. A recollida de dorsais desenvolverase das 11.30 ás 13.00 horas no pavillón do Souto e a partir das 15.00 horas ata media hora antes do inicio de cada unha das categorías.
Imagen de archivo de un desfile del Entroido de Valga en 2013 I D.A.
Valga se prepara ya para la celebración de esta edición del Entroido en el municipio. El domingo 26 de febrero tendrá lugar el concurso de disfraces que este año contará con una bolsa de premios de 2.750 euros, repartidos en ocho categorías y veinte reconocimientos.
La Concellería de Cultura, sin embargo, ha habilitado hasta el 24 de febrero el plazo de inscripción. Las personas interesadas deben cubrir y enviar una hoja de inscripción presencialmente en las oficinas de la Casa Consistorial o a través del correo electrónico concello@valga.com. Además, el certamen se celebrará en las inmediaciones del Auditorio municipal, a partir de las 17 horas.
Los premios se dividen en cuatro modalidades —individual, pareja, grupos y comparsas— tanto en infantil (hasta los 14 años), como en adultos. Además se habilita una categoría de mejor disfraz del municipio para personas empadronadas en Valga, exclusivamente.
El mayor importe económico se repartirá en la modalidad de comparsas para adultos, con 800 euros para los ganadores y 500 y 150 euros, para los segundos y tercer clasificados, respectivamente.
La formación morada recuerda que el asfaltado está listo desde octubre y las salidas de vía que se han producido
Tal y como anunció la Xunta el lunes, las obras de pintado de la PO-548 están ya en proceso. Ayer se podían ver a operarios en Catoira ejecutando los trabajos. Unos trabajos que llegan con varios meses de retraso, puesto que el asfaltado está listo desde el mes de octubre, y un retraso que desde el gobierno autonómico se justificó por los condicionantes meteorológicos puesto que se aseguraba desde el ejecutivo autonómico que era preciso tiempo seco para que se pudieran realizar.
La peligrosidad del vial
Las obras se realizan entre las críticas de Podemos Marea da Vila, que recuerda que ya destacó la peligrosidad que tenía el vial en el mes de diciembre del pasado año. «Non entendemos que a Xunta non acabara de pintar a estrada catro meses despois, máis cando esta estrada que ten os arcéns sen pintar é unha vía que percorren moitos peóns», apunta su portavoz municipal María de la O Fernández, que destaca el alto número de salidas de carretera que se están produciendo en el vial coincidiendo con la ausencia de pintado en la carretera.
Desde Podemos apuntan que van a estar muy atentos a que se confirme el anuncio que la Xunta hizo ayer en las páginas de La Voz de Galicia de que los trabajos concluirían esta misma semana. Y aprovecha la formación morada para lanzar un dardo al gobierno local. «Hai un mes dixemos que o goberno do PSOE non debía permanecer sentado agardando a que a Xunta remate os seus compromisos. Nós preguntamos no pleno, presentamos unha petición por rexistro e puxemos este asunto enriba da mesa… que fixo Alberto Varela? Estamos convencidas de que á cidadanía e á veciñanza da zona gustaríalles saber que o goberno local atendeu este asunto coa urxencia merece», afirma la portavoz de Podemos Marea da Vila, María de la O Fernández.