Improvisado concerto de acordeón onte en Carreiras.

Onte, 18 de decembro, na «Casa da Serrana» de Carreiras, edificio que está a ser arranxado por Salvador o da tenda, houbo unha cea veciñal á que asistiron unhas coarenta persoas que degustaron empanadas e churrasco. Amenizou a velada, co acordeón, Jaime Moreiras Besada, veciño de A Toxa, que interpretou un amplo repertorio de pezas tradicionais.
Jaime, que foi moitos anos garda municipal de Pontecesures, empleouse a fondo sen síntomas de cansancio (xa ten 81 anos de idade) rematando a festa cando xa pasaba das tres da madrugada. Foi moi aplaudido polos veciños que xa están a organizar unha homenaxe ao acordeonista para a primaveira próxima.
Dase a circunstancia que o pai de Jaime, Chico, que tamén era acordeonista, tocou no mesmo lugar nos seus anos mozos, cando os veciños de Carreiras e A Toxa se reunían alí para bailes e festas.

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Esta tarde temos 2 partidos, ambos en Pontecesures.

As 5 da atrde xogan os Xunior contra o BBC de Vilagarcia de Arousa.

Ás 7 da tarde son os Senior os que xogan contra o equipo vilagarcián de «El Doce Sequeiros».

Mañá domingo temos outros 4 partidos:

Infantil feminino: Xoga en Marín ás 10.30 h.

A Continuación tamén xoga en Márín, ás 12.30 h. o infantil masculino.

Ás 12.15 h. xoga o alevín feminino en Carril, contra o Cortegada B.

Por último, os cadetes xogan en Pontecesures mañá domingo ás 17.30 h. contra o Xuven de Cambados.

Hoy recibe sepultura Ramona Eitor Pesado.

Falleció ayer, a los 85 años, Ramona Eitor Pesado, vecina de la rúa Diputación, viuda de Vicente Fragua «Paliquero».
A las 16 horas del día de hoy, sábado 19 de diciembre, se celebrará la misa funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Los restos mortales serán luego trasladados al Cementerio Municipal de Condide donde recibirán sepultura.
Descanse en paz.

A FEDERACION GALEGA CONFIRMOU QUE JOSE CARLOS GARCIA VAI XOGAR NA SELECCION GALEGA DE INFANTIS.

JOSECARLOS

En días atrás chegou a nova esperada ó club. José Carlos García «Jose Carlos» vai xogar ca selección galega o próximo campionato de seleccións autonómicas que se vai celebrar en Zaragoza do 2 ó 9 de xaneiro de 2010. Polo tanto, vai ser a 1ª vez que un xogador saido da nosa canteira participe nun campionato nacional. NORABOA, e que mellor regalo de Reis que este. Seguiremos atentos á tua paticipación.