Salva o Tren reclama un proyecto ferroviario global que incluya las cercanías y las mercancías.

La plataforma tachó ayer de contradictorias las declaraciones del ministro José Blanco sobre el tren de proximidad y las mercancías. Este colectivo concluye que hasta ahora, el ministra maneja un único proyecto, el AVE, pero creen que Galicia necesita un plan global en el que se analicen tres aspectos fundamentales: la alta velocidad, cercanías y mercancías. Sobre estos dos últimos asuntos, considweran que las declaraciones del ministro «están vacías de contenido» y no tiene resultados «efectivos».

LA VOZ DE GALICIA, 12/12/09

O domingo, 13 de decembro, entra en vigor o novo horario de trens.

A gran novidade é que temos dous trens máis que paran agora en Pontecesures. Un con dirección a Santiago ás 7:31 horas, e o outro con dirección a Vigo ás 14:58 horas. Estos dous trens paraban en Padrón, pero non en Pontecesures.

Saídas para Santiago, dende Pontecesures:

6:40 h. Non circula nin sábados, nin domingos, nin tampouco o 25/12/09, o 01/01/10, o 06/01/10, o 19/03/10, o 01/04/10, o 02/04/10 e o 17/05/10.

7:31 h. Non circula o 25/12/09 e o 01/01/10

8:28 h. Non circula o 25/12/09 e o 01/01/10

10:59 h.

14:23 h.

17:04 h.

20:03 h.

21:37 h. Circula só os domingos ata o 06/06/10. Tamén circula o 16/02/10, o 05/04/10 e o 17/05/10

22:03 h. Non circula o 24/12/09 e o 31/12/09

23:32 h. Non circula os sábados nin os domingos. Tampouco o 24,25 e 31 de decembro próximos, o 1 e o 5 de xaneiro de 2010, o 19 e o 31 de marzo de 2010, e o 1 e 2 de abril de 2010.

23:48. Só circula os domingos. Tamén o fará o 16/05/10

Saídas para Vilagarcía e Vigo dende Pontecesures:

6:07 h. Non circula o 25 e 26 de decembro próximos. Tampouco o 1,2 e 6 de xaneiro de 2010, o 20 de marzo de 2010, o 1,2 e 3 de abril de 2010 e o 17 de maio de 2010.

6:46 h. Non circula nin os sábados nin os domingos. Tampouco o 25/12/09, o 01/01/10, o 06/01/10, o 19/03/10, o 01/04/10, o 02/04/10 e o 17/05/10

7:54 h. Non circula nin o 25/12/09 nin o 01/01/10

10:43 h.

13:42 h.

14:58 h.

16:46 h.

20:10 h. Non circula o 24/12/09 nin o 31/12/09

21:21 h.

BALONCESTO: 6 PARTIDOS NESTA FN DE SEMANA E TODOS ELES XOGANDO DE LOCAIS

Menos o equipo cadete que descansa, o resto dos equipos teñen os seguintes horarios:

Alevin mixto: Sábado 11.15 h. en Pontecesures, contra Sanxenxo.

Infantil Masculino: Sabado 12.30 h. contra Sanxenxo.

Junior Masculino: Sabado 17 h. contra Estudiantes.

Senior: Sábado 19.30 h. contra Illa Graunher.

Alevin Feminino: Domingo 17 h. contra Dorna de A Illa.

Infantil feminino: Domingo ás 19 h, contra Arxil B.

Todos eles no polideportivo de Pontecesures.

Por fru, hace

Avelina Cordo Carril contratada coma limpadora polos programas de cooperación.

En Pontecesures, a once de decembro sendo as 10.15 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado polo Administrativo e Secretario Accidental do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de Presidente, pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martínez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada un/unha dos/das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 29 de decembro de 2008 que regulan os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 10.30 h. procédese a realizar as correspondentes entrevistas entre toda aquelas persoas candidatas que, de conformidade coa oferta remitida pola oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa, presentáronse: Avelina Cordo Carril; Mª Carmen Dieste Nera, Eva Mª Fernández Prol, Beatriz Lamas Blanco, Margarita Vieites Seoane.

Unha candidata indica que no estaba interesada no traballo, por razóns físicas por maternidade, e de horario: Margarita Vieites Seoane.

As catro candidatas restantes cubriron a a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

                                                       BAREMO      ENTREVISTA          TOTAL
Avelina Cordo Carril…………………… 2.50                  2                          4.50
Beatriz Lamas Blanco…………………… 1.75                1.75                     3.50
Mª Carmen Dieste Nera………………..  0.75                 1.75                     2.50
Eva Mª Fernandez Prol…………………  0.50                  1.75                    2.25

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Avelina Cordo Carril.

No caso de renuncia dalgún dos anteriores candidatos propostos, as vacantes cubriranse polo orden de puntuación que figura nesta acta.

De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Escrito enviado polo Subdirector Xeral de Estradas sobre a auga da glorieta da Charca.

En resposta a súa solicitude de información podemos decirlle o seguinte:
No tempo transcorrido dende a súa consulta, as obras foron evolucionando, en estes intres estase precisamente a traballar na solución do drenaxe na glorieta próxima á zona da «charca», garantindo que a execución das obras non introduza elementos en prexuízo da situación actual.
Esta situación é sobradamente coñecida pola evolución da hidroloxía da zona, independientemente da presenza da estrada e supera as competencias desta Subdirección.
Porén, dende esta subdirección querermos manifestar a intención de
colaborar en todo no que estea ao noso alcance e imos garantir unha conexión mediante gabia dende o tubo de diiámetro de 400 xa existente ata o de 1000 tamén existente, potenciando en todo o posible a saída das augas.
Santiago de Compostela a 9 de decembro de 2009
Luís Miguel Muñoz Bretos