«Queremos un museo galego onde se recollan os vehículos antigos».

O delegado en Santiago do Clube Galego de Automóbiles Antigos, Emilio Fraga (Santiago, 1949), organiza o segundo Paseo Turístico Vigo-Santiago polas rías, Ruta Xacobea da Costa, que se celebrará do 22 ao 26 de xullo e no que poderán verse auténticas reliquias automobilísticas. Emilio chegará a Santiago o día 25 ao volante do seu Fiat Balilla do ano 1935.
-¿Que se fará en Santiago?
-Os coches concentraranse na cidade o sábado 25 e o domingo 26. O sábado haberá en Praterías un concurso de traxes de época e logo quedaremos no Obradoiro. Ademais, os máis antigos estarán na Alameda para conmemorar o centenario da feira rexional de Santiago do 1909. O domingo haberá concentración na estación de Renfe e logo iremos ao Obradoiro para asistir á misa do peregrino.
-¿Cal é o obxectivo do paseo?
-Queremos facer un chamamento ás autoridades para que se faga un museo galego de automoción onde se recollan os vehículos antigos, e así todos poidan gozar deles. Queremos sensibilizar á xente, xa que se non se fai nada, estes coches acabarán desaparecendo ou marchando de Galicia.
-¿Haberá algunha sorpresa?
-Este ano traeremos un coche especial, un Brush do ano 1909, que foi o primeiro vehículo en atravesar Australia de norte a sur. Ademais, suponse que só hai dous no mundo e este estará en Santiago os días 25 e 26. Tamén levaremos o sábado a Alameda bicicletas do século pasado.

LA VOZ DE GALICIA, 14/07/09

Máis de tres meses e aínda non hai contas da lamprea. Vaia goberno.

O pasado 10 de xuño o BNG solicitou via rexistro no concello a seguinte informacion: contas detalladas da Festa da Lamprea (6 de abril) mais da Feira do automovil 5-6 abril), esta última promovida e organizada dende o concello. A dia de hoxe (10 de xullo)todavia non recibimos contestación algunha, e xa pasaron máis de tres meses dende a sua celebración. ¿Como e posible que aínda non estean feitas? Ou o que é ainda peor, quérenllas ocultar a oposición. Hoxe mesmo foron solicitadas por 2º vez esta semana respondendo a Sr Castro que «xa llas pedira o Sr Rey». Pero seguen de todas as maneiras sen aparecer.

Esto demóstranos a falla de transparencia que ten o desgoberno de Pontecesures, o que algúns empregaron coma bandeira política nas pasadas eleicións municipais agora que están no goberno esquécense de aplicala.

Para nós é inaceptable e antidemocrático este feito, e ven a demostrarnos unha vez maís a madeira da que esta feita a nosa alcaldesa Maribel Castro.

Esperamos dende o BNG que con toda celeridade nós sexan entregada istas contas requeridas, para poder examinalas e valoralas polo miudo e asi poder informar aos veciños de Pontecesures que teñen todo o dereito do mundo a coñecer en que se empregan os seus cartos .

Pontecesures anima a participar en el programa Concellos Saludables.

El Concello de Pontecesures anima a los vecinos a participar en el Programa Concellos Saludables, con actividades como rutas de senderismo, gimnasia para adultos, talleres de alimentación, aeróbic, juegos predeportivos y demás. Se imparten de lunes a viernes entre las 9:30 y las 13:15 horas. Ofrecen más información en las oficinas municipales.

FARO DE VIGO, 12/07/09

La información sobre las as contas da Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil facilitarase no pleno ordinario do 27 de xullo.

No día de onte, foi entregado por parte do concello a Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, o escrito que literalmente dí:

«»En contestación ao seu escrito con rexistro de entrada nº 1.217 de data 10/06/09, solicitando as contas detalladas da Festa da Lampra 2009 e da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, comunícolle que na sesión ordinaria do día 27 de xullo próximo se dará toda a información sobre os ingresos e gastos de ditas festas, aínda que estamos á espera de ter algún dato definitivo sobre subvencións

Pontecesures, 11 de xullo de 2009
A alcaldesa»»