Un grupo de diez artistas de Galicia y el norte de Portugal, participan este sábado en la II edición de este encontro de Pintura ao Vivo. Los pintores se instalarán durante la jornada en Estacas, coincidiendo con la fiesta del Santo Cristo, para reflejar en sus obras el conjunto histórico monumental de la parroquia. sus recreaciones podrán verse después en la Casa Rectoral donde sigue instalada la exposición «Imaxes da memoria:Estacas 1909-2009»
Concello
Hoxe xoves día 25 de xuño, festa de remate de curso da escola infantil de Pontecesures.
Será ás 17 horas no pavillón municipal de deportes. Haberá actuacións musicais dos nenos, e se entregarán diplomas aos que deixan a gardería para se incorporar á educación infantil. Para rematar nenos e pais degustarán unha merenda no recinto.
Concello
Orquestras confirmadas para as festas do Carme 2009
Venres 3 de xullo, SUAVECITO e CHARLESTON BIG BAND
Sábado 4 de xullo, SINTONÍA e JOKER
Domingo 5 de xullo, PHILADELPHIA e NOCHE DE ESTRELLAS
Luns 6 de xullo (Festa do Churro), D?O MASTER
Cultura
ESTE XOVES 25,PRESENTACI?N DA FEIRA RURAL DE DODRO,EN PALCO DE ESTRELAS
Esta xoves 25 de xuño, aproximadamente ás 21.45h, no programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga, contaremos coa presencia de Don Anxo Franco Vidal, concelleiro de Cultura e Tenente-Alcalde do Concello de Dodro. Falará sobre os actos relacionados coa Feira Rural de Dodro,que se celebra o domingo 28 de xuño,na Fonte Primeiral,en San Xulián de Laiño.
Concello
Actos vandálicos na noite de San Xoán en Pontecesures.
Ata o de agora, tense constancia dos seguintes:
-Foron arrincados os cadros do subministro de enerxia eléctrica do Pavillón Municipal e do Centro de Saúde. Neste último edificio foi necesaria unha actuación urxente para que tivera subministro, xa que a actividade médica comeza a primeira hora da mañá.
-Rompéronse varios cristais na zona traseira do edificio do Club Xuvenil, situado na rúa «Borobó», e houbo varias pintadas nas portas traseiras e no muro de contención que está fronte ás mesmas.
-Foi botado pegamento (Loctite ou similar) na pechadura da porta da biblioteca municipal.
-Un contedor situado a carón da primeira rampla do peirao (rúa Eugenio Escuredo) foi arroxado ao río. Na mesma rúa foi danada unha papeleira.
-Romperon a base dun sinal informativo do Miradoiro do Galiñeiro situada na rúa Ullán.
Por outra banda, tentouse queimar o contedor de cartón situado detrás da Casa do Concello, pero foi evitado a tempo.
A denuncia na Garda Civil será presentada nas próximas horas.
Este é o triste balance da noite. Sen dúbida hai xente que non sabe divertirse. Algo falla na sociedade que vivimos.