Ríos, pesca e lampreas.

Cao chegada da primavera miles de pescadores percorren as beiras dos ríos galegos na procura de experiencias deportivas para uns, e culinarios para outros, que ninguén lle fai mala cara a unhas boas troitas fritidas cun chisco de unto no aceite, malia que agora xa non poidan cumprir os tres «efes» da tradición: fritas, frías e fiadas. A prohibición da súa comercialización acabou co terceiro «efe».
Pero non ríos galegos non todo é pesca deportiva. Dende hai séculos captúranse nas súas augas especies de indudable interese económico: anguías e lampreas son as máis tradicionais, angulas as máis recentes, e a elas hai que sumar nalgúns as sollas e outras especies menos coñecidas.
Aquí sucede o contrario que coas troitas, e se estas se reservan para a pesca deportiva, a lamprea é presa exclusiva dos profesionais da súa captura, que seguen a empregar construcións técnicas con séculos nas súas costas. Din que as pesqueiras en que se capturan anguías e lampreas se remontan aos tempos dos romanos, índa que algunhas voces autorizadas, como a do arquitecto César Portela, aseguren que tal e como son agora só levan entre nós algúns centos de anos.
A pesca, marítima ou continental, sempre foi obxecto de análise en Galicia, e máis dende que Cornide Saavedra fixo os seus estudos. E o gusto por coñecer máis sobre esta continúa, así que recentemente foron publicados dous libros que abordan o mesmo tema dende dúas perspectivas distintas.
No «A pesca tradicional nos ríos de Galicia» o historiador, arqueólogo, e antropólogo Lois Ladra realiza un profundo estudo sobre a arquitectura da pesca nos ríos galegos, froito dun traballo de investigación ao longo de moitos anos.
Nada máis axeitado ao termo «arquitectura» para definir o traballo que desenvolve Ladra arredor das moi diversas maneiras que ao longo da historia empregaron os habitantes de Galicia para capturar peixes no río e nas ribeiras do mar, con construcións como caneiros, pescos ou pesqueiras que perduraron ata os nosos días en plena actividade, con excepción daquelas zonas onde a proliferación de obras hidráulicas do século XX remataron co peixe. Outras construciós dexáronse de usar e desapareceron pola natureza dos materiais empregados (canas e madeira), e quedou a súa memoria en documentos, libros e ilustracións.
As pesqueiras son tamén protagonistas de «Lampreas e pesqueiras», obra do xornalista e pescador Miguel Piñeiro, orientado fundamentalmente aos amantes do río e da lamprea.
Na súa obra Piñeiro ofrece tamén moita información sobre as pesqueiras que na actualidade seguen a funcionar nos ríos Miño e Ulla dedicadas á captura de lamprea, e lembra outras, como as do río Tambre, que xa non renden a súa cota anual de peixe por culpa dos encoros.
«Lampreas» e pesqueiras dedica unha boa parte das súas páxinas aos aspectos culinarios e gastronómicos da lamprea, incluíndo receitas e datos sobre os restaurantes máis emblemáticos para os amantes deste peixe.
Ambas as obras son un bo vehículo para achegarnos a un patrimonio cultural e material de tódolos galegos que corre serio perigo de desaparición senón se protexe.

«Lampreas e pesqueiras» de Miguel Piñeiro. Galaxia 2008. 160 páxinas. 19 euros
«A pesca tradicional nos ríos de Galicia» de Lois Ladra. Sotelo Blanco. 200 páxinas. 16 euros.

Artigo de Miguel Vila Pernas. Revista «Tempos Novos». DIARIO DE AROUSA, 13/05/09

Relación de persoas elixidas para formar parte das mesas electorais do 7 de xuño

No día de hoxe, ás 9:30 da mañá celebrouse na Casa do Concello de Pontecesures un pleno extraordinario para proceder ao sorteo para a composición das mesas das eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o domingo 7 de xuño de 2009. O resultado foi o seguinte:

Mesa U

Presidente: Ángel Rafael Santiago Piñeiro
Suplente 1º de presidente: Daniel Ordóñez González
Suplente 2º de presidente: Jesús Pérez Prieto
Vogal 1º: María Consuelo Piñeiro Blanco
1º suplente de vogal 1º: María José Magán Jamardo
2º suplente de vogal 1º: María Dolores Gerpe Jamardo
Vogal 2º: Cristina Lois Cerqueiras
1º suplente de vogal 2º: José Manuel Castroagudín Silva
2º suplente de vogal 2º: José Corral Dopazo

Mesa A

Presidente: José Antonio Blanco Miranda
Suplente 1º de presidente: María Victoria Ferro Grela
Suplente 2º de presidente: Andrés García Martínez
Vogal 1º: Manuel Doce Jamardo
1º suplente de 1º vogal: Margarita Carolina García Castro
2º suplente de 1º vogal: José Antonio Folgar Romero
Vogal 2º: Sandra Barreiro Chico
1º suplente de 2º vogal: Francisco Freiría Oliveira
2º suplente de 2º vogal: Verónica Carlés Ferro.

Mesa B

Presidente: Sofía Loureiro Romay
Suplente 1º de presidente: María José Saborido Romero
Suplente 2º de presidente: Margarita Herránz Grela
Vogal 1º: Alfonso Ángel Romero Gil
1º suplente de 1º vogal: Ángel Miguéns Potel
2º suplente de 1º vogal: Manuel Senín Bermúdez
Vogal 2º: Fermín Salgado López
1º suplente de 2º vogal: Ángel Fernando Pérez Castaño
2º suplente de 2º vogal: Manuel Saavedra Santiago

Conferencias no acto de inauguración de Fegaclasic.

Terá lugar a inauguración o sábado, día 16 de maio ás 18:00 horas, no peirao de Ponteceures.
O acto de inauguración corre a cargo de Ángel Jove González, Marcos Váquez Marey e Javier e Manuel Pazó Olmedo.

Conferencias:
Recuperación de nuestro patrimonio, por Ángel Jove Gonzáez, vicepresidente da Federación Española de Vehículos Antigos (FEVA), e presidente da Fundación «Jorge Jove».
A mecanización agrícola clásica no territorio galego, por Marcos Vázquez Marey, enxeneiro técnico agrícola en mecanización agraria. Presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola (AGAMAC).

Mesa redonda:
FEVA responde. Paricipantes: Ángel Jove e persoal da FEVA.

O acto de inauguración estará amenizado polo grupo folclórico Xarandeira de Pontecesures.

Todo a punto para la feria gallega del automóvil clásico, en Pontecesures.

La asociación «Mirándolle os Dentes», de Pontecesures, lo tiene todo a punto para la celebración de Fegaclasic, la cual se celebra los días 16 y 17 de mayo en la localidad pontecesureña con espacios gratuitos para expositores y vendedores.
Los promotores de esta iniciativa esperan reunir un buen número de automóviles clásicos, pero también motocicletas y piezas de repuesto.
Esta tercera edición del evento pretende «convertirse en un referente para todos los aficionados al mundo del automóvil y la motocicleta clásica y antigua en Galicia», según explican los organizadores,
En el programa de actividades aparecen una unidad móvil de ITV (para los que tengan más de 25 años), puestos de compraventa de automóviles, zona de exposición, venta de recambios y accesorios, venta de libros y todo tipo de papelería relacionada con los clásicos, actividades educativas y charlas relacionadas con este sector.
En Mirándolle os Dentes apostillan que quieren ofrecer una feria «para profesionales y para todo el público en general», con el fin de que unos y otros puedan disfrutar durante el fin de semana de «todo tipo de actividades, y además gratis».

FARO DE VIGO, 12/05/09