Morreu Carme «A Caxida».

Aos 81 anos finou a vecina de San Xulián, María del Carmen Gloria Moure Magariños, viúva de Victoriano Agrasar Barreiro.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 16:30 horas sairá mañá miércoles 13 de abril a comitiva fúnebre para a Igrexa de Pontecesures onde terá lugar o funeral. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz

Grupo de peregrinos portugueses recibidos polo Alcalde e a Concelleira de Turismo.

Este fin de semana o alcalde, Vidal Seage, e a concelleira de turismo, Laura Villar, deron a benvida  a un grupo de peregrinos procedentes de Oporto.

O Grupo de Ação Social de Porto tiña contactado hai semanas co Concello de Pontecesures mostrando o seu interese en visitar Pontecesures e pernoctar no noso Concello como etapa intermedia na súa peregrinaxe a cidade compostelá.

Na recepción aos peregrinos portugueses lles foi entregada información sobre lugares de interese turístico de Pontecesures e mostraron o seu desexo de repetir novamente dita visita en vindeiras edicións dunha peregrinaxe que levan a cabo periódicamente con diversos grupos do país veciño.

Durante este Ano Santo está prevista a visita de novos grupos que xa teñen mostrado interese en visitar e pernoctar en Pontecesures como etapa previa á súa chegada a Compostela, o que fai pensar en que será un bo ano para o turismo tanto na peregrinaxe polo camiño portugués que nos atravesa así como por outras rutas que están despertando interese nos últimos tempos como é a peregrinaxe polo Mar de Santiago, que conta en Pontecesures con porto de chegada pola vía marítimo fluvial dende a ría de Arousa remontando o río Ulla, e porto de saída para os peregrinos que retornan de Compostela.

Conexións móbiles máis rápidas e mellor cobertura chegan a PONTECESURES coas implantacións 4G e 5G.

• As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer servizos móbiles de nova xeración en PONTECESURES, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

• A nova tecnoloxía permitirá aos cesureños gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior dos edificios e ampliará a zona xeográfica.

Llega700 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.

Pontecesures, 08 de abril de 2022.- As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, en PONTECESURES, nas bandas 800. e 700 MHz, respectivamente, que permitirán aos cesureños gozar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para consultar as localidades nas que xa están activos estes servizos, poden consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no establecido no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, do que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 a 60 de UHF) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas aos operadores de telefonía móbil para que prestasen os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa nova rede móbil abriuse a porta a servizos e aplicacións innovadoras, ademais de aportar importantes melloras tanto na velocidade de descarga como no envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais en alta definición) ou que permiten sacar o máximo proveito das aplicacións en liña, como videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. O primeiro é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde a cobertura tradicionalmente fallaba. O segundo é a gran penetración nas zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais móbiles con alto contido multimedia ou o uso de videochamadas, entre outros.

Ademais, a maior cobertura acadada polo despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e será a banda que permita estender o servizo de forma xeograficamente eficiente.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e da TDT

Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da difusión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen un trámite corrector tras a activación das estacións, para o que Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados (na recepción das canles de TDT), xestionando e solucionando sen ningún coste.

Para xestionar estes servizos ponse a disposición dos cidadáns o número de  teléfono gratuíto (900 833 999) e a páxina web: www.llega700.es