Futbol sala Pontecesures 08-09 – Xornada 3

*Resultados*

table(tabla).
| HIERROS STA. CRUZ | BAR O PEMENTO | O | 18 |
| A CHARCA | A ESTORNELA | 6 | 2 |
| REDESYL | NU-2 | 5 | 1 |
| CONSTRULlTO | GRUAS ESTACION | 5 | 8 |
| LERO?O | VIDEO CLUB VIBE | 4 | 4 |
| TABERNA VIEITES | – | – | – |

*Clasificación*

table(tabla).
|_. Posto|_. Equipo |_. PT |_. PJ |_. PG |_. PE |_. PP |_. GF |_. GC |
| 1 | REDESYL | 7 | 3 | 2 | 1 | O | 11 | 4 |
| 2 | BAR O PEMENTO | 6 | 2 | 2 | O | O | 25 | O |
| 3 | A CHARCA | 6 | 3 | 2 | O | 1 | 14 | 9 |
| 4 | GRUAS ESTACION | 4 | 2 | 1 | 1 | O | 9 | 6 |
| 5 | VIDEO CLUB VIBE | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 9 | 10 |
| 6 | HIERROS STA. CRUZ | 3 | 2 | 1 | O | 1 | 5 | 22 |
| 7 | LERO?O | 2 | 2 | O | 2 | O | 6 | 6 |
| 8 | TABERNA VIEITES | 1 | 1 | O | 1 | O | 1 | 1 |
| 9 | A ESTORNELA | O | 2 | O | O | 2 | 6 | 11 |
| 10 | NU-2 | O | 2 | O | O | 2 | 4 | 11 |
| 11 | CONSTRULlTO | O | 2 | O | O | 2 | 5 | 15 |

*Próxima Xornada*

table(tabla).
| NU-2 | LERO?O |
| A ESTORNELA | REDESYL |
| BAR o PEMENTO | A CHARCA |
| GRUAS ESTACION | HIERROS STA. CRUZ |
| TABERNA VIEITES | CONSTRULlTO |
| VIDEO CLUB VIBE | – |

As lampreas, miñas santas.

Martes, 13 de xaneiro. Choveu pola noite. Choveu a bategadas fortes que se pasaron todo o tempo escuro a bater contra a ventá. Fixérono de xeito que me recordou ó cura do relato aquel que tanto prodigou o finado do Casares. Tódalas noites aparecían abertas as billas das duchas da casa de exercicios. Establecida unha quenda de espreita e atenta esculca de paseantes nouturnos, caza ó axexo, se diría, deron co culpable. Era un cura velliño que aduceu na súa defensa o moito gusto que lle daba escoitar cair a auga contra a porcelá das duchas. Ah, qué xente.

Ese mencer eu ouvía chover e non é que me disgustara, pero tampouco brincaba de ledicia: a choiva tornárame do sono prá vixilia. Así que din en pensar que, auga tanta serviría, cando menos, pra que por fin subiran as lampreas polo Ulla, miñas santas. Non se consola o que non quere. Era o serdía do 13 do mes hoxe xa mediado; martes pasado, como xa advertín de entrada.

Unha vez esperto, erguinme (qué fai un home só nunha cama grande) e púxenme ó que me poño sempre: a ler os xornais, a ler a Internet e mailo correo electrónico e logo a contestalo. De seguido púxenme a lles escribir a vostedes estes lerios cos que aburro a uns; deleito a outros; entreteño a non poucos e fago sair correndo coido que a outros tantos. Con todo déronme as dúas. Polo medio baixara ferver unha coliflor e desconxelar uns toros de pescada. E nestas que me chaman. Oes, que xa hai lamprea no Carretas. Pra aí vou, respondín cantando. Baixei, apaguei o lume e marchei camiño dese restaurán que é como a miña casa.

Este ano houbo empate. Como xa saben, cando menos como xa saben os máis vellos visitantes deste recuncho do xornal, ano tras ano, veño competindo co doutor Barreiro, Don Francisco (Francis Clay, M.D. dito en inglés que, como ven, queda moi fino) a ver quén a proba antes; é dicir, convertímola nun «campanu». Este ano houbo empate. Pero poderíase dicir que tamén houbo amaño, que o partido foi obxecto dun tongo coma unha catedral de grande. Xantamos os dous xuntos, chantados á mesma mesa; en fin, unha gozada.

E a lamprea, qué? Pois de carnes pretas e ben bragada, moi ben bragada. Nunca lamprea con míllaras tan saborosas e apretadas comera eu na miña vida, o prebe no seu punto, o pan frito sequiño e churruscante, o arroz no seu lugar descanso. ?ltimamente non mesturo féculas con proteinas. Menú disociativo dinlle a iso. ? moi san e serve de disculpa a fin de tomar un toro máis da lampreiña amante que subeu o Ulla pra acabar nunha cazola do Carretas. Moi ben tratada pola man sabia de Lolita, iso sí e por outra parte.

Artículo de Alfredo Conde. EL CORREO GALLEGO, 17 de xaneiro de 2009

Informada favorablemente a proposta do goberno local de Pontecesures sobre o Fondo Estatal de Investimento Local.

Na sesión da Comisión Informativa de Obras, que se celebrou hoxe ás 19:30 horas na Casa do Concello, por tres votos a favor e dúas abstencións aprobouse a proposta do equipo de goberno coas obras a financiar con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local. Votaron a favor, a alcaldesa Maribel Castro (IP), Jesús Rey (PP) e Luis A. Sabariz (non adscrito). Abstiveronse, Álvarez Angueira (BNG) e Cecilia Tarela (BNG). A proposta é a seguinte:

«»Examinado o Real Decreto-Lei 9/2008, de 28 de noviembre, polo que se crea o Fondo Estatal de Investimento Local, dotado con 8.000 millóns, que ten por obxecto aumentar a inversión pública no ámbito local mediante a financiación de obras de nova planificación e execución inmediata, competencia das entidades locais, coa finalidade de dinamizar a actividade económica e incidir na creación de emprego.

Visto o importe asignando ó Concello de Pontecesures, que acada a contía de 555.566 ?.

Visto o artigo 3 do RDL 9/2008, sobre as características dos proxectos subvencionables con cargo ó Fondo.

Visto o artigo 5 do RDL 9/2008, sobre os requisitos das solicitudes de financiación dos proxectos de inversión.

Este grupo de goberno propón ó Pleno municipal a adopción do seguinte acordo:

Primeiro.- Aprobar os seguintes proxectos de inversión de acordo con estes importes:

table(tabla).
|_. Nº |_. DENOMINACI?N |_. PRESUPUESTO EJEC. CONTRATA |
| 1 | Saneamento e acondicionamento da Plazuela de Pontecesures | 115.864,68 ? |
| 2 | Saneamento, abastecemento e reposición de beirarrúas nas rúas San Lois, Víctor García e Travesía da Feira do Automóbil. | 228.050,19 ?|
| 3 | Saneamento, abastecemento e reposición de beirarrúas na rúa Portarraxoi | 211.651,13 ? |
| – | SUMA TOTAL I.V.A. INCLUIDO | 555.566 ? |

Segundo.- Solicitar, ó Ministerio de Administracións Públicas, financiación con cargo o Fondo Estatal de Investimento Local para os proxectos de inversión relacionados.

Terceiro.- Remitir a documentación requerida no artigo 5.2 RDL 9/2008, no prazo establecido ó efecto.

Pontecesures, 14 de xaneiro de 2009″»

Mañá festa en Bronllo. Actúa o grupo cesureño «Xarandeira».

Celébrase mañá, día 17 de xaneiro, o San Antonio de Abal en Bronllo-Setecoros (Valga). Hai vai o programa da festa:

-Ás 10 Alboradas e pasarrúas polo grupo de pandereteiras da A.C. Xarandeira de Pontecesures.
-As 11 Misa rezada.
-Ás 13 Misa cantada polo coro Santa Baia de Catoira.
-De seguido tradicional poxa de lacóns e sesión vermouth a cargo do grupo Xarandeira.
-Pola noite, gran verbena cos grupos Gran Parada e Cinema.

Colocarase unha carpa no recinto da festa e a Comisión de Festas agradece a colaboración do Concello de Valga, dos veciños e das casas comerciais.

BALONCESTO: HORARIOS DA FIN DE SEMANA

O Extrugasa  o pasado sabado no campo do Grove

(Foto cedida polos responsables de www.todogrove.com)

SENIOR ZONAL. Domingo 18 ás 18 h. en Pontecesures, partido contra CB. Graünner Ribadumia.

O Extrugasa que ten ocasion, no caso de gañar,  de demostrar se ca victoria do outro dia no Grove pode cambiar a sua dinamica nesta liga, onde compite dignamente, pero faltanlle victorias para salvarse, ou se complica definitivamente a permanencia en caso de derrota. Ribadumia, cun partido menos xogado está con 4 gañados e 5 perdidos, polo que gañar, e a ser posible de mais de 11, pois alá perdera 64-53, é o único obxetivo válido para o Extrugasa, que podería incluso sair dos postos de descenso.

INFANTIL MASCULINO. Sábado ás 10.30 h. en Marín, contra o Peixegalego «B».

ALEVIN MIXTO. Sábado ás 11.30 h. en Pontecesures, contra o Arxil «A».

BENXAMINS. Concentración en Pontevedra, domingo ás 16.30 h. contra o Arxil.