A N U N C I O
Dende o pasado sábado día 5 de xullo permanece aberta ó público a Piscina Municipal de Pontecesures.
A instalación estará aberta tódolos días da semana, co seguinte horario:
* Mañás: De 11:00 a 13:30 horas (agás sábados, domingos e festivos)
* Tardes: De 16:00 a 20:30 horas.
Lémbrase ós usuarios a obriga de bañarse con gorro, pregando ós mesmos que respecten as instalacións en beneficio de todos.
As tarifas serán as seguintes:
* Nenos (ata 12 anos) 0,45 euros.
* Adultos 1,20 euros.
Os usuarios deberán conservar sempre a entrada no interior do recinto.
Por outra banda comunícase que tamén comezará un curso de natación para nenos de 4 anos en diante, que durará ata o final do verán e terá lugar en horario de mañá. Os interesados deberán inscribirse na propia Piscina ante os encargados da mesma, sendo o prezo de 20 euros neno.
Tamén vaise tratar de realizar un curso de natación para adultos que durará todo o verán de haber persoas interesadas. A inscrición será tamén na propia Piscina fixándose un prezo de 25 euros.
Estes cursos comezarán en canto se formalicen as inscricións.
Pontecesures, 8 de xullo de 2008.