Apertura da piscina neste verán 2008.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A N U N C I O

Dende o pasado sábado día 5 de xullo permanece aberta ó público a Piscina Municipal de Pontecesures.

A instalación estará aberta tódolos días da semana, co seguinte horario:
* Mañás: De 11:00 a 13:30 horas (agás sábados, domingos e festivos)
* Tardes: De 16:00 a 20:30 horas.

Lémbrase ós usuarios a obriga de bañarse con gorro, pregando ós mesmos que respecten as instalacións en beneficio de todos.

As tarifas serán as seguintes:
* Nenos (ata 12 anos) 0,45 euros.
* Adultos 1,20 euros.

Os usuarios deberán conservar sempre a entrada no interior do recinto.

Por outra banda comunícase que tamén comezará un curso de natación para nenos de 4 anos en diante, que durará ata o final do verán e terá lugar en horario de mañá. Os interesados deberán inscribirse na propia Piscina ante os encargados da mesma, sendo o prezo de 20 euros neno.

Tamén vaise tratar de realizar un curso de natación para adultos que durará todo o verán de haber persoas interesadas. A inscrición será tamén na propia Piscina fixándose un prezo de 25 euros.

Estes cursos comezarán en canto se formalicen as inscricións.

Pontecesures, 8 de xullo de 2008.


2 comentarios

Moixo · 8-07-2008 a las 20:21

Pois o da piscina moi ben hombre. Pero contame Saba, ¿este ano a biblioteca tamen vai pechar e vaime tocar outra vez ir a chapar a Padrón? Que vergonza por Dios. En fin, las bicicletas son para el verano…

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-07-2008 a las 10:06

Esperemos contar con persoal dos programas de cooperación para ter a biblioteca aberta tamén no mes de agosto, «Moixo».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.