XXXIX Campeonato de España de Invierno: Grandes éxitos para o Clube Náutico Pontecesures

Este pasado domingo celebrose o «XXXIX Campeonato de España de Invierno» en Sevilla onde os rapaces do Clube Náutico de Pontecesures acadaron uns magníficos resultados gracias ó seu traballo e constancia.

dsc_7649.jpg
André Oliveira recibe a medalla de mans de David Cal

Clasificatoria 2000 metros – Home Cadete C-1:

* 1º Alvaro Loureiro
* 37º Iván Pesado

Clasificatoria 2000 metros – Home Xuvenil C-1:

* 3º André Oliveira.
* 26º Pablo Riaño.

Final 5.000 metros Home Cadete C-1:

* 2º Alvaro Loureiro: Foi de primeiro, e cunha grande ventaxe dende o comezo, e a poucos metros da meta sufriu unha complicación dixestiva a causa do desaiuno, como puido chegou acadando o subcampionato.
* 30º Iván Pesado.

Final 5.000 metros Home Xuvenil C-1:

* 3º André Oliveira.
* 21º Pablo Riaño.

Na clasificación xeral por puntos, e con 286 puntos, no 26º posto de clubes: o Clube Náutico Pontecesures.

A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.

No día de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez».
� advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 � en 2008, e 69.000 � en 2009) e o segundo (46.000 � en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).

En el día de ayer un vehículo atropelló a una persona en el Mirador del Pino Manso.

Sobre las 19,30 horas del día de ayer, y cuando había numerosos vehículos aparcados en las inmediaciones del Pino Manso de personas que iban a votar en las mesas del CPI Pontecesures, un vehículo, que trataba de aparcar en batería frente al mirador, atropelló a una mujer en la acera y rompió una columna de piedra que soportaba la pérgola (raíles). El susto fue importante, aunque la vecina atropellada sólamente sufrió erosiones y magulladuras.
Al parecer la mujer que conducía el vehículo pisó el acelerador en lugar del freno (está equipado su coche con cambio automático). En el día de hoy fue retirada la pérgola deteriorada para evitar riesgos.
Se espera que la reparación se lleve a cabo cuanto antes, informando que el seguro del vehículo se hace cargo de la misma.

Resultados das eleccións xerais en Pontecesures.

O PP tivo en Pontecesures 931 votos; o PSdeG-PSOE, 560; e o BNG, 301 nestas eleccións xerais. IU tivo 17 votos, mentres outros partidos tiveron 11 votos. Houbo 13 votos nulos e 9 en branco. A participación foi do 72,75 %.
Nas elección xerais de 2004, a participación fora do 75,18 % e o PP tivera 908 votos (sube 23), o PSdeG-PSOE tivera 535 (sube 25) e o BNG tivera 339 (baixa 38).

Na mesa A o PP tivo 317 votos; os socialistas 187 e os nacionalistas 110. Na Mesa B os resultados foron, na mesma orde, 334, 222 e 116. E na Mesa U, 280, 151 e 75.

Ata ás 14 horas votaron en Pontecesures 741 electores dun total de 2.535.

Ata as 14 horas a porcentaxe de participación nas eleccións xerais de Pontecesures é do 29,28 %.
Das tres mesas, a maior participación rexistrouse na mesa U (Carreiras, Toxa, Infesta, Condide, parte alta da rúa Ullán, Grobas, Fenteira). De 719 electores, votaron 226 (o 31,43 %). Na mesa A da sección primeira, sobre un censo de 906 electores, votaron 262. Na mesa B da sección primeira, sobre un censo de 910 electores, votaron 253.