O mércores dÃa 12 de marzo, ás 19,30 horas, haberá unha representación teatral no Centro Social por parte dos nenos/as da actividade extraescolar de teatro da ANPA do CPI Pontecesures dirixidos polo monitor Alfonso.
Representaranse catro obras cortiñas:
-A galiña peteireira
-A ratiña presumida
-Fafarraios
-O pirata metepatas
Dende este medio fago un chamamento ós veciños para que acudan a esta representación dun grupo de cativos/as cesureño que o fan realmente ben.
Club Náutico
XXXIX Campeonato de España de Invierno: Grandes éxitos para o Clube Náutico Pontecesures
Este pasado domingo celebrose o «XXXIX Campeonato de España de Invierno» en Sevilla onde os rapaces do Clube Náutico de Pontecesures acadaron uns magnÃficos resultados gracias ó seu traballo e constancia.
Clasificatoria 2000 metros – Home Cadete C-1:
* 1º Alvaro Loureiro
* 37º Iván Pesado
Clasificatoria 2000 metros – Home Xuvenil C-1:
* 3º André Oliveira.
* 26º Pablo Riaño.
Final 5.000 metros Home Cadete C-1:
* 2º Alvaro Loureiro: Foi de primeiro, e cunha grande ventaxe dende o comezo, e a poucos metros da meta sufriu unha complicación dixestiva a causa do desaiuno, como puido chegou acadando o subcampionato.
* 30º Iván Pesado.
Final 5.000 metros Home Xuvenil C-1:
* 3º André Oliveira.
* 21º Pablo Riaño.
Na clasificación xeral por puntos, e con 286 puntos, no 26º posto de clubes: o Clube Náutico Pontecesures.
Concello
A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.
No dÃa de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez».
� advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 � en 2008, e 69.000 � en 2009) e o segundo (46.000 � en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).
Sociedade
En el dÃa de ayer un vehÃculo atropelló a una persona en el Mirador del Pino Manso.
Sobre las 19,30 horas del dÃa de ayer, y cuando habÃa numerosos vehÃculos aparcados en las inmediaciones del Pino Manso de personas que iban a votar en las mesas del CPI Pontecesures, un vehÃculo, que trataba de aparcar en baterÃa frente al mirador, atropelló a una mujer en la acera y rompió una columna de piedra que soportaba la pérgola (raÃles). El susto fue importante, aunque la vecina atropellada sólamente sufrió erosiones y magulladuras.
Al parecer la mujer que conducÃa el vehÃculo pisó el acelerador en lugar del freno (está equipado su coche con cambio automático). En el dÃa de hoy fue retirada la pérgola deteriorada para evitar riesgos.
Se espera que la reparación se lleve a cabo cuanto antes, informando que el seguro del vehÃculo se hace cargo de la misma.
PolÃtica
Resultados das eleccións xerais en Pontecesures.
O PP tivo en Pontecesures 931 votos; o PSdeG-PSOE, 560; e o BNG, 301 nestas eleccións xerais. IU tivo 17 votos, mentres outros partidos tiveron 11 votos. Houbo 13 votos nulos e 9 en branco. A participación foi do 72,75 %.
Nas elección xerais de 2004, a participación fora do 75,18 % e o PP tivera 908 votos (sube 23), o PSdeG-PSOE tivera 535 (sube 25) e o BNG tivera 339 (baixa 38).
Na mesa A o PP tivo 317 votos; os socialistas 187 e os nacionalistas 110. Na Mesa B os resultados foron, na mesma orde, 334, 222 e 116. E na Mesa U, 280, 151 e 75.
PolÃtica
Ata ás 18 horas votou en Pontecesures o 53,41 % do censo.
Asà dun censo de 2.535 persoas, votaron ata esa hora 1.354 electores. Na Mesa U votaron 393 de 719; na Mesa A 465 de 906; e na Mesa B 496 de 910.
A participación está a ser máis baixa en Pontecesures que nas eleccións xerais de 2004. Daquela ás 18 horas, votara o 57,09 % do censo.