Resultados das eleccións xerais en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O PP tivo en Pontecesures 931 votos; o PSdeG-PSOE, 560; e o BNG, 301 nestas eleccións xerais. IU tivo 17 votos, mentres outros partidos tiveron 11 votos. Houbo 13 votos nulos e 9 en branco. A participación foi do 72,75 %.
Nas elección xerais de 2004, a participación fora do 75,18 % e o PP tivera 908 votos (sube 23), o PSdeG-PSOE tivera 535 (sube 25) e o BNG tivera 339 (baixa 38).

Na mesa A o PP tivo 317 votos; os socialistas 187 e os nacionalistas 110. Na Mesa B os resultados foron, na mesma orde, 334, 222 e 116. E na Mesa U, 280, 151 e 75.

Categorías: Política

7 comentarios

Alcaldable · 10-03-2008 a las 14:20

Era previsible, pero infórmanos Sabariz… ¿para quen foron eses 11 votos? ¿algún falangista na aldea? ¿por qué se anularon os 13 votos? ¿algún voto nulo simpático (un cromo de Ronaldinho ou algo así)?
Os resultados políticos xa os sabemos todos (e algúns incluso os intuíamos) pero informa das curiosidades, que é o que vende neste pais.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-03-2008 a las 15:38

Non «Alcaldable», FE de las JONS non tivo voto algún desta vez en Pontecesures. Os 11 votos a outras forzas foron: 2 a UPyD, 2 a DN, 2 a PUM+j, 1 ó PH, 1 ó PSD, 1 a OV, 1 a PFyV e 1 a FRENTE. (Só recoñezo as siglas da Unión polo Progreso e a Democracia de Rosa Díez, e as do Partido Humanista)
¿Motivos da nulidade dalgúns votos?. Houbo varios: máis dunha papeleta no sobre con candidaturas distintas, papeleta do Senado no sobre do Congreso, papeletas curtadas pola metade, papeleta de candidatura pero da provincia de A Coruña, propaganda electoral no sobre (un elector/a introduxo coa papeleta a carta que enviou ós domicilios Mariano Rajoy)etc.. Con billete de euros non apareceu ningún sobre.
No reconto do Senado apareceron varios nulos por tachar máis de 3 candidatos/as.

xiana cores · 10-03-2008 a las 16:33

Pois estas un puco equivocado Sabariz.Porque segun me informaron a min alguen que si estivo nas mesas nunha delas a Fe de las Jons si tivo un voto para o senado que ainda un dos vocais quedou abraiado.
Agora para min a noticia mais forte e da cal eu si que quedei abraida foi co atropelo das de Magariños.Pouco antes das 8 eu dispoñiame a votar cando me atopei que as de Magariños atropelaran a de Buela co seu coche.Cal e a miña sorpresa que mentras a pobre rapaza a estaban atendendo os do 061 e a sua nai tiña unha crise de nervos delado dela.Estas duas mulleres sairon do seu coche e foronse a exercer o seu voto como se o accidente non fose con elas.Teñen que ter moita frialdade para facer o que fixeron.E ademais pouca vergonza.

decesures · 10-03-2008 a las 17:08

Pareceume boa a participación de onte.

Aínda que teño algo que obxetar do pobo que é o da zona azul. non entendo que sempre haxa un policía local no centro do pobo (zona da igrexa) e que non se mova.
poñedes a zona azul na parte de abaixo e tense que respetar senón enseguida ven o policía.
en cambio na parte de arriba do pobo están practicamente tódolos coches en dobre fila e os policías non soben.
E xa non é a única queixa da xente desta parte do pobo senón que as beirarrúas seguen sen cambiarse. Non intento dicir que se cambien pero si poñer mais asfalto porque as beirarrúas están moi altas respecto da estrada.

Sabariz, pido que este tema coméntese entre as persoas do concello para, na medida do posible, tomar medidas. Grazas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-03-2008 a las 21:41

Eu facilitei os resultados do Congreso. Sí houbo votos de «FE de las JONS» para o Senado. En concreto foron 3 a prol da candidata falanxista Mª Carmen Casal Fernández Couto.
Afortunadamente non houbo que lamentar desgrazas persoais importantes no accidente do Pino Manso.
Tes razón no tema da vixiancia da rúa Portarraxoi, «decesures», pero non comparto o das beirarrúas. Mira, como o pavimento estaba moi alto houbo fresado (mellor dito retiráronse os adoquíns da estrada antiga) no seu día, e botouse unha capa de rodadura. Para min a altura de agora está ben, non suben os coches ás beirarrúas, e os peóns están máis protexidos.

charly · 11-03-2008 a las 13:41

Por su parte el PSOE tampoco fue reprobado en Pontecesures donde voto con el PP, en la constitucion de las corporaciones locales y dio la alcaldia a una independienta con un solo concejal.
En este municipio socialistas y populares registraron una subida exactamente igual de 1,53 puntos
Mientras que los nacionalistas retrocedieron casi dos puntos

U saudo.

decesures · 12-03-2008 a las 13:56

Paréceme boa a resposta no referente ó das beirarrúas.agora so me queda pedirte que faledes o problema da seguridade de portarraxoi e moitas grazas por responder.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.