CORTE DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 14 DE OUTUBRO.

Na xornada do XOVES 14 DE OUTUBRO, debido a reparacións na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes zonas:

  • Rúa Ullán (dende o centro urbán ata o cruce de acceso á Carreiras e a Toxa).
  • Rúa Infesta.
  • Zona do Pino Manso (Colexios, Biblioteca, Centro de Saúde, Escola Infantil Municipal e Albergue).

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.00 ata ás 21.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

A EXPOSICIÓN “MULLERES QUE FALAN” SAE Á RÚA.

A discriminación contra as mulleres e nenas é un problema de raíces socio-históricas profundas que afecta todos os países do mundo.

Sobre esta base discriminatoria susténtase a desigualdade de xénero que, no seu grao máis extremo, asume a forma de violencia, constituíndo unha violación flagrante dos dereitos das mulleres.

Mediante a exposición itinerante “Mulleres que falan”, o Concello de Pontecesures pretende amosar o seu firme compromiso na loita contra esta lacra social.

A medida, encadrada dentro das actividades conmemorativas do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, vai dirixida a sensibilizar e concienciar a toda a poboación da necesidade de eliminar de raíz calquer tipo de conduta discriminatoria que poida derivar nas diferentes formas de violencia contra as mulleres.

Esta exposición percorrerá diversas zonas do pobo a fin de dar a maior visibilidade a un problema que a ninguén nos é alleo.