Mañá teatro dos nenos da ANPA no Centro Social.

Mañá mércores día 4 de xuño, ás 20:00 no Centro Social o grupo de teatro de nenos/as da AN PA do CPI de Pontecesures representará ás seguintes obras curtas:

-A ratita presumida.
-Vida rosa.
-Sen ouro, sen prata, nin rabo de rata.
-O pirata metepatas.
-Fafarraios.

Esperemos que acuda moita xente. Estes nenos/as teñen moito mérito, e o monitor Alfonso está a realizar un gran labor.

O cesureño Alejandro Pesado gaña a Maratón Popular de Oubiña.

a3c12f2.jpg

Mais aló do carácter competitivo de calquera proba deportiva, a Maratón Popular de Oubiña superou o pasado domingo o obxectivo fixado pola súa organización, que non é outro que o de elevar ano tras ano o número de participantes na proba. Se no 2007 os 130 atletas presentes na cita fixaban a marca de asistencia na Popular de Oubiña, onte a cota foi elevada ata os 175 corredores.
O máis rápido entre eles foi o cesureño Alejandro Pesado Fernández, que non tivo rival para impoñerse na categoría raíña, a absoluta, con dez quilómetros de percorrido. Orlando Rodríguez e Miguel Daporta completaron o podio masculino, mentres que Silvia Deiro Barcala encabezou o feminino con Aurora García e María del Pilar Pavón ocupando o segundo e o terceiro posto, respectivamente.
O resto dos gañadores foron: Roi Estévez e Nerea Fernández (ata 8 anos); Josua Rodríguez e María Fernández (de 9 a 13 anos); Adán García e Irene Blanco (14 a 19); Juan José Amohedo e Arosa Lubiáns (20 a 30); Evaristo García e Mar Parracho (31 a 38); Benigno Freire e Mercedes Piñeiro (39 a 45); José Álvarez e María José Cacabelos (46 a 55); e Jacobo Buján e Pilar González (de 56 anos en adiante).
Ao termo da entrega de trofeos a organización homenaxeou o ciclista vilagarcián do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso, ao que lle entregou un vídeo resumo da súa carreira deportiva.

LA VOZ DE GALICIA, 03/06/08

I TROFEO DE DARDOS CONCELLO DE PONTECESURES ESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

darts.jpg

As datas definitivas son: Sábado 7 e Domingo 8 de Xuño.

Lugar: Polideportivo municipal de Pontecesures.

Horarios:

 Sábado 7 de Xuño as 18.00h fináis de equipos mixtos – As 21.00 h Fináis de equipos femininos.

Domingo 8 de Xuño as 18.00h final individual mixto – 20.00h Entrega de trofeos.

Inscripción de Valde, Partidas de Valde, 24 máquinas, máis de 150 trofeos (expostos en caixanova), aproximadamente 50 equipos participantes e sorteo dunha cámara dixital e un mp3 entre os asistentes.

Patrocinadores: Concello de Pontecesures, Caixanova, Electrónica Couselo, Diario de Arousa, Trofeos Grevila, Construcciones Martínez Castro, Churrería La Cesureña,Radio Valga e Café Bar Choco.

Organiza: Asociación Cultural San Roque de Porto.