Festival folclórico «Letras Galegas 2008» do Concello de Pontecesures

O sábado día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 18,30 celebrarase un ano máis, na plazuela de Pontecesures este festival folclórico que se consolida edición tras edición.

Actuarán, por este orde, os seguintes grupos:

-Grupo Etnográfico Areosa de Viana do Castelo (Portugal).

-Grupo Xarandeira de Pontecesures.

-Colha de Nuestra Señora de Mijarán de Vielha e Mijarán (Lleida).

-Grupo Algueirada de Pontecesures.

Esta noite entraron a roubar na Praza de Abastos causando danos en varios postos.

Polo lateral do edificio e rompendo un groso cristal, persoa ou persoas descoñecidas entraron a roubar na pasada madrugada no edificio da Praza de Abastos de Pontecesures. Entraron en varios postos forzando persianas e portas. Neste momento está a Garda Civil no recinto e foron avisados os titulares dos postos.
Descoñécese ata o momento o importe do substraído aínda que se aprecia bastante carne e froita estragada polo chan.
Ademais de presentar a denuncia agora o concello comunicará esta circunstancia á compañía aseguradora ós efectos oportunos.

O 6 de maio festa na honra de San Xoán do Raio en Padrón.

Ás 11:00 horas haberá pasarrúas co grupo Airiños

Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada pola Coral das Aulas da 3ª Idade de Padrón.

Ás 13:00 horas no Auditorio actuará a citada coral.

O Colectivo da 3ª Idade do Concello de Padrón poderá participar a continuación nunha comida de confraternidade no Restaurante Scala onde haberá baile ás 17:30 horas, rematando os actos ás 19:00 horas.

Dende ás 10:00 horas da mañá estará operativo un servizo de autobuses para recoller ás persoas maiores que desexen asistir ós actos festivos.

Tódolos actos son organizados e patrocinados polo Concello de Padrón (Concellería da 3ª Idade).

Veciños e Concello preparan a festa do Carme en Pontecesures.

NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE PONTECESURES

? venres día 2, representantes do equipo de goberno mantiveron unha reunión cun grupo de veciños/as para tratar sobre a organización das festas do Carme 2008 que se celebrarán a primeiros do vindeiro mes de xullo.
Acordouse que este grupo de veciños (arredor de quince persoas) vai solicitar polos domicilios donativos para axudas a sufragar o custo dos actos festivos. Tamén está aberta unha conta bancaria para recibir estes donativos por parte de empresas e particulares.
O goberno municipal e este grupo de veciños queren potenciar esta edición das festas do Carme desenvolvendo un programa máis atractivo.
As festas celebraranse os días 4, 5, 6 e 7 de xullo e como principal novidade anúnciase que o venres 4 e o sábado 5 haberá verbenas populares. Esta é unha petición realizada sempre pola veciñanza que prefire este tipo de celbracións nas noites do fin de semana.
A recollida de dontaivos comezará a vindeira semana e faise un chamamento para que se colabore coas celebracións. As festas son de todos e así debemos entendelo.

Pontecesures, 3 de maio de 2008

La Praza dos Valeiros de Porto recupera su crucero de piedra.

El concejal delegado de Relacións Institucionais do Concello de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, anuncia que el martes el «Obradoiro de Pedra Castelo» de Picaraña (Padrón) procederá a colocar la cruz correspondiente al crucero de piedra existente en la Praza dos Valeiros de Porto, que como se recordará sufrió serios daños en agosto de 2007, tras recibir un impacto de un camión, durante las fiestas de San Roque.
Esgrime el concejal no adscrito que la cruz se había partido en 22 pedazos que permanecieron durante largo tiempo a la espera de su recomposición, pues los trámites «se demoraron en exceso porque se presentó tarde el proyecto de rehabilitación ante la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural».
Además, la reconstrucción de la cruz de Porto «presentó varios problemas, debido a la falta de alguna piedra pequeña, lo que obligó a realizar pequeñas reposiciones».
Luis Angel Sabariz Rolán, miembro del gobierno pontecesureño, se alegra por la recupercaión de esta pieza patrimonial y esgrime que «se esta dando una tonalidad uniforme a toda loa pìedra de la cruz!, para así «mejorarla en su conjunto».

FARO DE VIGO, 04/05/08