Veciños e Concello preparan a festa do Carme en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE PONTECESURES

� venres día 2, representantes do equipo de goberno mantiveron unha reunión cun grupo de veciños/as para tratar sobre a organización das festas do Carme 2008 que se celebrarán a primeiros do vindeiro mes de xullo.
Acordouse que este grupo de veciños (arredor de quince persoas) vai solicitar polos domicilios donativos para axudas a sufragar o custo dos actos festivos. Tamén está aberta unha conta bancaria para recibir estes donativos por parte de empresas e particulares.
O goberno municipal e este grupo de veciños queren potenciar esta edición das festas do Carme desenvolvendo un programa máis atractivo.
As festas celebraranse os días 4, 5, 6 e 7 de xullo e como principal novidade anúnciase que o venres 4 e o sábado 5 haberá verbenas populares. Esta é unha petición realizada sempre pola veciñanza que prefire este tipo de celbracións nas noites do fin de semana.
A recollida de dontaivos comezará a vindeira semana e faise un chamamento para que se colabore coas celebracións. As festas son de todos e así debemos entendelo.

Pontecesures, 3 de maio de 2008


23 comentarios

laranxa · 4-05-2008 a las 11:20

Que grupo de veciños?,Como se fixo a convocatoria para formar parte dese grupo?,Tratase dunha comisión de festas?,Hai cuota mínima?Quen organizará as festas o grupo de veciños ou o grupo de goberno?Sabremos canto custaran as festas e como serán sufragadas?!Non vaia a ser como o ano pasado que habia un grupo encargado de organizar as festas e logo as fixo o grupo de goberno cun presuposto desorbitado pagado con fondos públicos!!!…Podese permitir o Concello investir preto de 30.000 euros en festas?

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-05-2008 a las 13:07

Pois é importante, «laranxa» que un grupo de persoas colabore pedindo para as festas, utilizando parte do seu tempo libre, nesta ocupación en favor de todos. Todos sabemos que nos últimos anos non houbo xente que estivera disposta a facer este ingrato labor. O martes 6 de maio ás 20:00 na Casa do Concello organízanse os grupos para pedir por zonas. O que queira incorporarse pois que veña. Cantas más persoas mellor. ¿Se hai cota mínima? Por suposto que non, son donativos voluntarios. ¿Como se sufragan as festas?. Cos donativos de particulares e empresas, e con fondos do concello, coma sempre. ¿Quen vai organizar as festas? O grupo de veciños (que xa dou varias ideas) e o concello.
Non coñezo a ese grupo do que falas que ía organizar o Carme 2007. O ex alcalde que cesou o 16/06/07 non deixou nada organizado e non se presentou grupo algún polo concello. Deste xeito, pregúntoche «laranxa»: ¿Quenes eran os organizadores dos que falas? ¿Que actos festivos estaban previstos, tendo en conta que só faltaban 15 días para as festas?.

pandorcas · 7-05-2008 a las 19:43

Pareceme estupendo que haxa festas no pobo. Aver se teñen moito exito ainda que penso que con 1000� pouco podedes facer e o pobo xa está farto de dar,non esquencer o da festa da lamprea, de todolos xeitos chamar a todalas portas sen esquencer a do CONCELLO e como non a das señores e señoras que o dirixen dese xeito tan especial.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-05-2008 a las 22:29

Pois eu son optimista, «pandorcas», e segundo algúns membros dos equipos que foron pedir, a xente colabora económicamente. Home a crise inflúe (ou o desaceleramento como se di agora), pero a cousa vai ben.
Non me fagas de augafestas. � moi importante que haxa máis de 15 persoas dispostas a colaborar indo a pedir polas portas. Lembra que en 2005, 2006 e 2007 ninguén quixo realizar este labor. Semellante cambio e significativo e pon de relieve que as festas interesan. Dende aquí quero agradecer a estas persoas o traballo que fan a prol de todos nós.

pedro da cachopa · 8-05-2008 a las 12:47

e dijo yo,que si hai tanta xente pa xuntar cartos,ban traer buenas orquestas,e orquestas buenas teñen uns palcos qui nin dios,polo que terán que meter a festa no muelle e no campo de futbol,porque na plasuela non van coller.E lojo quenes veñen tocar.bueno pois aber si non chueve pa poder ir votar un pies coa señora.

pandorcas · 8-05-2008 a las 17:32

Señor Sabariz tes que ir de novo a escola a aprender a ler, eu non son auga festas, dixen que me parece moi ben o das festas pero que teredes que chamar a moitas portas para xuntar � e non debedes deixar ningunha porta atrás sen esquencer a porta principal O CONCELLO que acostuma a facer abras de caridade e polo tanto dispoñera de moitos � para as festas principales do pobo como fixo na ultima festa A LAMPREA.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-05-2008 a las 23:05

De acordo, «pandorcas». �s dous nos parece moi ben o das festas do Carme. Porén, criticas a pasada Festa da Lamprea. Estás no teu dereito pero andas con rodeos. ¿En que consistiron as obras de caridade?.

laranxa · 9-05-2008 a las 12:53

As respostas as miñas preguntas…moi escuetas,por parte do Sr.Sabariz,como era de esperar!Direille que a min persoalmente non me pediron que formara parte dese grupo,pero os que foron si…¿Algun favor persoal o mellor?Espero que cando veñan a pedir pola miña porta me den un recibo xustificante,xa que logo o Concello terá que dar contas e non soio números.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-05-2008 a las 15:11

Non sementes dúbidas, «laranxa». Sabes de sobra que non son expedidos recibos ós que aportan donativos. Dende sempre apúntanse nunha libreta. Por suposto, que se coñecen as cantidades individualizadas. O sistema é un pouco rudimentario se queres, pero non vexo lóxico que plantexes esa desconfianza.
Como te vexo moi interesado/a en colaborar pedindo donativos, mañá podes vir polo concello sobre ás 9:15 horas e integrámosche encantados nun grupo.
Por certo, como non me contestaches, reiteroche as preguntas: ¿Quenes eran os organizadores do Carme 2007 que non apareceron despois de que o ex alcalde non fora reelixido o 16/06/07?¿Que actos festivos estaban previstos tendo en conta que faltaban só 15 días para as celebracións?

Cara de cona · 10-05-2008 a las 18:18

Un recibo, un xustificante para os que dan para as festas?…home non jodas mais laranxa, pois si que eran os do bloque xente de xustificante…pregúntalle o Xurxo que firmaba os vales do gasoil do patrol que ben se xustificaban os litros, un repostaxe ás 10, outro as 10,10…jo…jo…jo

pandorcas · 11-05-2008 a las 20:55

Pois está ben claro as obras de caridade ou de misericordia din DAR DE COMER AL HAMBRIENTO será por iso que habia tantos invitados debaixo da carpa na FESTA DA LAMPREA.

laranxa · 13-05-2008 a las 12:29

Antes de comentar decir que eu sempre colaborei económicamente na celebración das festas do Carme e outras,as do Pilar de San xulián,as de Porto..Non esixo xustificante cando non é un ente público (o Concello neste caso) o que ten que presentar contas.Dende que se abriu conta bancaria eu deposito ali o meu donativo,xa que me dan un recibo xustificante de pago.Por certo,Sr.Sabariz eu non teño nada en contra dos grupos que van a pedir os donativos polas portas,pero si na forma en que se fixo,sabendo que algunhas das persoas que van pidellelo a Alcaldesa directamente por ter anteriormente unha relación laboral co Concello e soame «deber favor»…!E non me soa soi a min!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-05-2008 a las 17:11

Pois espero que este ano seas xeneroso no teu donativo, «laranxa». Vexo que as persoas que piden polas portas están ilusionados para que se programen as mellores festas posibles. Parece unha falla de respecto que digas que algún pode ir presionado. Indirectamente estáslle a chamar «borrego». Penso que estás errado dubidando da integridade e da liberdade da xente para participar ou non na recadación de donativos.

laranxa · 15-05-2008 a las 12:00

¿»Favor con favor se paga»??

pandorcas · 15-05-2008 a las 17:45

Esta ben claro que todos queremos e desexamos boas festas no pueblo e que facemos xenerosas aportacións comenzando polo señor Sabariz e pasandos por todos os contertulios.Agardo que a xente que vai polas casas a pedir o faga de maneira altruista porque so faltaba que o fixeran por algún beneficio a cambio como parece entenderse .

laranxa · 16-05-2008 a las 12:42

O de «borregos»dixo vostede Sr.Sabariz,e como lle chamaría vostede o feito de pedirlle as persoas contratadas polo Concello,con contrato próximo a extinción,a sua participación na recadación de donativos para as festas???…Eu chamolle directamente COACCIÃ?N

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-05-2008 a las 15:42

Erras por completo, «laranxa». Entre as persoas que están a pedir non hai ningunha con contrato laboral temporal do concello en vigor. Hai algunha sí, que rematou a relación laboral a primeiros de abril, pero moito antes de comezar a campaña de petición de donativos.
O peor de todo isto é que se minte e que se deixan dúbidas sobre os comportamentos da xente.
En consecuencia, estamosd diante dun comentario malintencionado. O de sempre.

pandorcas · 17-05-2008 a las 17:41

Haiche moita xente con tempo libre neste pobo e ademais boa xente se o pon a disposion do concello, a ver si asi poden ter un traballo para eles ou achegados ou polo que poda pasar. e unha maneira mais de dar e conquis tar votos con promesas que se cumpliran ou non. Non e de recibo abusar da boa fe ou da necesidade allea.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-05-2008 a las 00:31

Non estou de acordo coas túas precisións «pandorcas». Se non hai xente para pedir, críticas (non buscaron a ninguén, non hai xestión, non hai iniciativas, etc..). Se hai xente tamén (os que piden van por presións, buscan un traballo, van por facer a pelota ós políticos, etc..) ¿En qué quedamos?.

pandorcas · 20-05-2008 a las 05:52

Quedamos en que hai que facer boas festas e para iso fan falla moitos � e TODOS teremos que poñer do peto e repito TODOS e por suposto sen molestar a ninguen.

laranxa · 20-05-2008 a las 11:51

Quen minte e vostede Sr Sabariz!!Eu sei que foi verdade e vostede tamen.Non escurra o bulto…!!!Fale ca xefa

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-05-2008 a las 15:25

Reitero, «laranxa», que eu non teño constancia de que algunha ou algunhas das persoas que está a pedir polas portas, teña ou teñan relación laboral temporal co concello.
Non me veñas con dimes, diretes, relacións familiares, favores, etc…. Se tes constancia de acosos ou presións de alguén, infórmanos.
Sempre estamos coa insinuación, coa intriga, con intereses escuros. Unha pena.

anitxuEN · 18-06-2008 a las 23:41

Eu penso que o das festas do pobo é necesario por varios motivos: o primeiro é que é o noso pobo e debemos estar orgullosos del e o segundo e que este pobo está morrendo. Non hai xente, e a pouca que hai xa non sae a gusto por aqui. Por outro bando o outro dia paseando polo pobo escoitei nunha tenda que habia queixas porque os bares daban poucos cartos para a festa e eu a iso respondo con que as festas do carme solo dan ganancia da vía para abaixo asi que… non sei… nalgún locales nin se nota que hai festa no pobo….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.