Pequeno lume nas Cortinallas (Infesta).

Sobre as 19,00 horas detectouse un pequeno incendio forestal na paraxe das Cortinallas (Infesta). O lume foi extinguido con rapidez por unha brigada de Medio Rural de Cuntis. Axudou moito a ausencia de vento, e que o terreno afectado estaba limpo de maleza.
En concreto, o lume afectou a unha toxeira de Francisco Frois García (Quico Frois) e apenas danou ós pinos.

A BRILAT convoca 158 prazas para o exército profesional.

A BRILAT «Galicia VII» convoca 158 prazas dentro do Ciclo 10ª 2007. O prazo de inscrición remata o 20 de novembro de 2007. As prazas son as seguintes:

INFANTERÍA LIXEIRA

table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
| 50032 | Rilat Principe nº 3 | 50 (2 Ex) | Siero (Asturias) |
| 50033 | Rilat Isabel C. 29 | 50 (2 Ex) | Pontevedra |
50030 | BCGAT VII | 1 | Pontevedra |
50031 | BCGAT VII | 4 | Pontevedra |
50034 | GLAT VII | 21 | Pontevedra |

ARTILLERÍA

table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
50093 | GACAAT VII (ACA) | 9 | Pontevedra |
50114 | GACAAT VII (AAC) | 5 | Pontevedra |

ENXENEIROS

table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
|50135 | UZAPAT 7 | 18 | Pontevedra |

Información no Negociado de Profesionalización da BRILAT Teléfono 986-807533
Correo electrónico: BRILAT2@et.mde.es

Contestación do equipo de goberno en relación coas deficiencias do alumeado público.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO

Aparece hoxe nos medios de comunicación unha nota do BNG de Pontecesures, denunciando o mal estado do alumeado público, e preguntando se algunha farola provocou algunha descarga que puidera haber afectado a algún vecino.

Queremos respostar o seguinte:

1º- Efectivamente, nos últimos tempos, contabilizáronse máis de 50 luminarias afundidas no alumeado municipal. A empresa encargada da reposición destas luminarias xa repuxo a metade na rúa Redondo e noutras rúas centrais da Vila. Agora vai acometer a reparación no alumeado de Carreiras, San Xulián, Rúa Pousa Antelo, etc..

2º- Por causas descoñecidas, parece ser que unha das farolas da rúa Victor García produxo na súa base unha pequena descarga eléctrica, pero afortunadamente non causou danos a ninguén. Nada mís ter coñecemento desta circunstancia foi subsanado o dano, con intervención tamén da Policia Local.

3º- O goberno municipal considera que a maioría das avarías do alumeado son motivadas porque a instalación quedou obsoleta en moitas zonas. Espérase renovar os elementos das mesmas en actuacións futuras.

4º- De tódolos xeitos, tampouco o BNG que estivo gobernando ata hai pouco neste concello, pode falar moito de instalacións municipais. A desatención e a pasividade, foron a tónica das súas actuacións nos últimos tempos. Por exemplo, a Rúa Ullán, no centro da Vila, e os veciños tiveron que esperar pacientemente por esa instalación básica.

Pontecesures, 3 de novembro de 2007