Pontecesures estrena la mejora y humanización de su fachada fluvial.

La presidenta de la Diputación, Carmela Silva, inauguró las obras junto al alcalde cesureño Vidal Seage

La presidenta de la Diputación, Carmela Silva, y el alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, inaguraron esta mañana las obras de mejora y humanización de la fachada fluvial de la localidad. Se trata de unos trabajos ejecutados con cargo al Plan de Reequilibrio y al Plan Concellos de la administración provincial y que permiten un lavado de cara importante en esta localidad del Ulla-Umia. 

El presupuesto de 400.000 euros permitió actuar en un espacio de 3.000 metros cuadrados; se incluyeron zonas exclusivas para peatones y ciclistas y otras para el tráfico rodado, pero con prioridad peatonal. A mayores se habilitó un parque infantil con dos zonas de juegos y se renovó el alumbrado tanto de la zona como de la escultura “Atios II” de Manolo Paz, reubicada en otro espacio.

Carmela Silva destacó el “antes e despois” de la zona y el “radical e trascendental cambio” que acaba de experimentar toda esta franja fluvial. Por su parte el alcalde de Pontecesures, Vidal Seage, reconoció que este proyecto “xa está a supoñer unha mellora substancial na calidade de vida da veciñanza e vai ser un polo de atracción e revulsivo económico, que vai ter un efecto multiplicador con outros proxectos que imos sacar adiante”.

Diario de Arousa

AVISO – CAMPAMENTO DE VERÁN MUNICIPAL: REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN AOS SOLICITANTES

Debido á elevada demanda de prazas para o servizo de conciliación de verán e dacordo co recollido nas bases da convocatoria, faise necesario solicitar a todas as persoas que desexen optar a acadar praza para o Campamento de Verán 2021 de Pontecesures a acreditación das circunstancias que xustifiquen a necesidade de conciliar a fin de realizar o proceso de selección e adxudicación de praza e garantir que o obxecto e espírito da iniciativa se cumpren.

A tal fin, todos/as os/as solicitantes, tanto aqueles que xa se teñan inscrito coma os que o soliciten en adiante, deberán achegar á maior brevidade posible e, en calquer caso, antes da data límite para anotarse –25 de xuño-, a documentación que se relaciona a continuación:

– Documentación que acredite a situación laboral (certificado de empresa ou contrato laboral).

– Copia  da declaración do IRPF 2020 de todos os membros da unidade familiar (no caso de usuarios non empadroados en Pontecesures, acompañarase do correspondente certificado de convivencia).

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO MARTES 22 DE XUÑO QUE AFECTARÁ A TODO O POBO.

Na xornada do MARTES 22 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará a todo o pobo de maneira desigual e intermitente con caídas puntuais de presión e corte total.

Este corte afectará:

  • TODO O TERMO MUNICIPAL DE PONTECESURES.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.30 ata ás 20.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.