Acta da selección de profesor de adultos.

En Pontecesures, a 9 de outubro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Profesor de Adultos, formado polo administrativo do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a profesora de adultos Dna. Fernanda Cimadevila Caamaño que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

(más…)

O venres 12 de outubro festividade do Pilar en San Xulián.

Organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián celébrase o venres día 12 de outubro a Festa da Virxe do Pilar.

* As 10,30 comezará o pasarrúas, polo interior do lugar, a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.

* As 12,00 terá lugar a Misa Solemne na Capela que será oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro da Barcarola tamén de Pontecesures.

* O rematar a misa terá lugar a procesión da Virxe do Pilar pola rúa do mesmo nome.

* Despois da procesión actuará o grupo Algueirada de Pontecesures.

GRAN ?XITO DA EXPOSICION DE FOTOS DAS FESTA DE PORTO

Logo de levar uns dias expostas son numerosas tanto as ventas, como os engardos de copias das fotos da festa de Porto 2007, expostas no Bar Choco dende principios da pasada semana. A día de onte había unhas 30 fotos vendidas e outras tantas copias encargadas para facer, que serán realizadas proximamente.

Estas fotos foron donadas por 3 veciños á comisión de festas para que montasen esta exposición e así poder recaudar un diñeiro para cubrir o orzamento das festas.

Dende a comision anímase ós veciños a pasar e adquirir estas fotos como recordo.

Por fru, hace

Mañá selección do profesor/a para o reforzo da escola de adultos.

Mañá día 9 de outubro, ás 10,00 horas, terá lugar a entrevista para a selección dun diplomado/a en maxisterio para impartir clases de inglés, galego e castelán na escola de adultos de Pontecesures e para outros servizos administrativos (subvención da Delegación de Traballo para un contrato de un ano, dentro dos Programas de Cooperación 2007). O tribunal estará formado por Ricardo Campos, por José Rodríguez Fructuoso e por Mª Fernanda Cimadevila.
Os candidatos/as son envíados pola Oficina de Emprego de Vilagarcía, logo de facer a oferta de emprego no seu día. Hai que facer constar que o día 24 de setembro houbo un primeiro intento de selección pero dos catro aspirantes enviados, 3 non se presentaron e a restante non se adaptaba ó perfil requerido pois só tiña coñecementos de francés. Deste xeito houbo que solicitar ó envío de máis aspirantes á oficina de Vilagarcía.