Acta da selección de profesor de adultos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a 9 de outubro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Profesor de Adultos, formado polo administrativo do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a profesora de adultos Dna. Fernanda Cimadevila Caamaño que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar cada un/unha dos/das aspirantes, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orde do 31 de xaneiro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2007 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo. Tamén unhas probas para valorar os coñecementos de inglés, lingua e literatura galega, e lingua e literatura castelá.

Iniciado o acto chamase ós seis aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo INEM, presentándose: Dna. M del Pilar San Martín Abalo.

Manifestaron telefónicamente que non acudían por estar traballando actualmente D. Raúl Pérez Méndez e Dna. Inmaculada Rubianes Cascallar.

Manifestou telefonicamente que non recibira a carta de Correos (si o aviso de certificado): Dna. Mª del Pilar Jueguen Martínez.
Non se presentaron: Dna. Mª del Pilar Canay Pérez e Dna. Sandra García Buceta.

Primeiramente a aspirante cubriu a ficha de datos persoais.

Seguidamente procedeuse á realización dunha entrevista persoal, así como a resolución das probas de lingua inglesa, lingua castelá e lingua galega.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación total obtida pola aspirante foi a seguinte:

table(tabla).
|_. Dna. Mª del Pilar San Martín Abalo|>. 5,35 puntos.|

Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección: Dna. M del Pilar San Martín Abalo.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asdo Fernanda Cimadevila Caamaño. Asdo Ricardo Campos Saborido. Asdo José Rodríguez Fructuoso.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.