O BASKET ESTÁ DE MODA

Proba del foi que, coincidindo cos campeonatos europeos de seleccións absolutas, pódese ver decorado coma se fose unha cancha de baloncesto, dende hai algunhas semanas, o escaparate dunha conocida tenda de electrodomésticos cesureña, ELECTRODOMESTICOS FROIS, canasta, balón e camiseta de Jordan incluidas.

100_7549-web.JPG

O noso club de baloncesto colaborou con esta casa comercial cedéndolle por estas semanas a canasta de iniciación don rapaces, e coma se pode apreciar, quedou moi curioso e orixinaleste escaparate obra de Marián.

100_7551-web.JPG

Indicar tamén que os homes da selección foron prata (nunca un 2º posto soubo a tan pouco), e que estes días son as mulleres da selección española as que están xogando o seu europeo. España está clasificada para cuartos, e chega o momento culminante para as chicas, podendo optar a ser campeonas de Europa.

Se é que os do basket…

100_7550-web.JPG

Presentación de libro por parte dun ex-policia local de Pontecesures.

O venres día 5 de outubro ás 20,30 horas, Manoel Xosé de Oliveira, presenta o seu libro «RETAZOS DE ESPERANZA» ,Poemario de silencios, no Centro cultural «Nautilius» de San Andrés de Comesaña (Vigo), intervindo no acto Amante Romero Alvarez, Andrea Fernández Maneiro, Xermán Torres de Aboal e Severino Cardeñoso Alvarez.
Manuel Olveira, nado en Vilagarcía de Arousa, foi durante bastantes anos policía local de Pontecesures xubilando por enfermidade en 1999. Deixou unha grata lembranza entre os traballadores do concello que celebran agora a súa adicación ás actividades artísticas.

Accidente de circulación dun dos adestradores do CB. Pontecesures

O venres 28 de setembro sobre as 22,45 horas cando circulaba o vehículo de Alberto Solla Barreiro pola estrada nacional N-550 en dirección Valga-Pontecesures, colisionou con outro que saía da estación de servicio de Redondo. O impacto foi espectacular e o vehículo de Alberto Solla volcou quedando coas catro rodas para arriba.

No hospital ??La Rosaleda? de Santiago permanece Alberto dende o venres con danos na zona das cervicais (non parecen de gravidade), mentres o outro conductor resultou ileso.

Desexamos un pronto restablecemento de Alberto Solla, que é adestrador de categorías inferiores do equipo de baloncesto de Pontecesures.