O mércores día 26 de decembro, acto de clausura do obradoiro de emprego con entrega de diplomas ós alumnos/as.

O mércores día 26 de decembro, ás 9,30 horas da mañá, no Salón de Sesións do Concello, terá lugar a entrega de diplomas ós 36 alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego de Pontecesures que comezou a finais de decembro de 2006.

O acto de clausura e de entrega de diplomas, será presidido polo Delegado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo, e están convidados ós voceiros dos grupos políticos da Corporación.

Nun prazo de dous meses será instalado o piso de caucho no paso a nivel de Porto.

O Xefe de Mantemento e Conservación de Infraestruturas de ADIF en Ourense ven de confirmar esta boa nova relacionada co paso a nivel de ferrocaril da praza dos Valeiros de Porto. O caucho xa foi subministrado pola Dirección de Pasos a Nivel de ADIF en Madrid á Xefatura citada de Ourense, e agora tan só está pendente a adxudicación, por parte deste último organismo, do contrato da obra específica de colocación do pavimento no paso a nivel, unha vez rematado o correspondente procedemento licitatorio.

(más…)

Bea actuó con el cantante venezolano Franco de Vita en Vigo.

Sin duda alguna el día 12 de octubre de este año fue uno de los mejores en la carrera de BEA. Una semana antes de eses día recibió una llamada telefónica del representante de Franco de Vita, un reconocido cantante venezolano, y le propuso cantar con el artista la canción «Si la ves», que él canta con el dúo «Sin bandera», en el concierto que daría el 12 de octubre en el teatro Caixanova de Vigo.

(más…)

O día 26 de decembro reúnese a Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos de Pontecesures.

Esta Comisión Informativa, presidida pola alcaldesa, Maribel Castro, e da que forman parte tamén, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Jesús Mª Rey Beiró (PP) e Luis Ángel Sabariz Rolán (non adscrito), celebrará sesión o mércores día 26 de decembro ás 9 da mañá coa seguinte Orde do Día:

1-Acta da sesión anterior celebrada con data 20-11-07.

2-Informes de solicitudes de obras. Neste punto serán informados dous expedientes de obras maiores:
-Solicitude de licenza de «Promociones Exconsa Vigo S.L» para construir un edificio de 40 vivendas, garaxes e rochos na rúa do Rial 42-43.
-Solicitude de licenza de «Promociones Herga-Conde 2006 S.L.» para construir un edificio de 22 vivendas, locais, garaxes e rochos na Avda. de Vigo (preto do lavadoiro da Chancela)