A carta en cuestión era unha invitación de «El CORREO GALLEGO», para o acto de entrega dos premios ós «Galegos do ano» que concede ese diario.
A carta, con mataselos do 19-10-07, levaba o seguinte enderezo:
«Sra. Dª Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa
Avda. de Vigo
Pontecesures»
Sorprendentemente, a carta foi devolta con dilixencia de «descoñecido», asinada polo funcionario de Correos, segundo consta na redacción de «EL CORREO GALLEGO».
Dende logo, a anécdota non deixa en bo lugar ó Servizo de Correos.