Sobre as 7,15 horas da mañá de hoxe, un coche de cor negro que circulaba a gran velocidade polas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta) empotrouse contra unha farola e un arbusto situados na rúa Rosalía de Castro (preto do pub «Baila Conmigo», na intersección coa rúa Sagasta), apreciándose marcas dos neumáticos no pavimento uns 12 metros antes da farola.
Sociedade
Na madrugada pasada arroxan ó río Ulla dous contenedores de lixo.
Autor ou autores descoñecidos, arroxaron ó río Ulla nesta pasada madrugada dous contenedores de lixo (un de tapa amarela e outro pequeno para residuos orgánicos). Os contenedores forón botados ó auga pola rampla do pantalán á altura da rúa Eugenio Escuredo nº 12.
Concello
Mañá luns día 26 de novembro, pleno ordinario.
Será ás 20,30 horas no Salón de Sesión da Casa do Concello e coa seguinte Orde do Día:
# Acta anterior.
# Elección de xuiz de paz substituto.
# Proposta do equipo de goberno sobre o servizo ferroviario de cercanías.
# Ratificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 29/10/07, sobre o proxecto de Decreto polo que se regulan as Agrupacións das Secretarías de Xulgados de Paz.
# Moción do BNG contra a agrupación dos Xulgados de Paz de Valga e Pontecesures.
# Moción do PP sobre a inclusión do Concello de Pontecesures como socio institucional do Museo do Pobo Galego para o ano 2008.
# Informe de fiscalización dos exercicios 2003-2004 realizado polo Consello de Contas de Galicia. Dar conta.
# Resolucións da alcaldía.
# Informes da Presidencia.
# Rogos e preguntas.
Cultura
Moción do PP sobre o Museo do Pobo Galego.
Rafael Randulfe Vieites, Portavoz do Partido Popular no Concello de Pontecesures,
EXP?N:
Que o Museo do Pobo Galego é unha entidade de utilidade pública que neste ano acada o seu trinta aniversario e que ten como finalidade a recolleita, estudo e difusión das manifestacións da cultura do noso pobo.
Concello
Moción do BNG de Pontecesures contra a Agrupación dos Xulgados de Paz de Valga e Pontecesures.
Margarita Carolina García Castro, voceira do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures, presenta a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 26 de novembro de 2007:
ANTECEDENTES
Sendo coñecedor este grupo municipal da intención da Consellería de Presidencia e Xustiza de agrupar os xulgados de paz dos concellos de menos de 7.000 habitantes, e que desta agrupación resultaría un xulgado único para Pontecesures e Valga; ten que manifestar o seguinte:
Concello
El concello trata de integrar a las asociaciones en la organización de la Cabalgata.
La alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, emitirá en los próximos días un bando municipal en el que convoca a todas las asociaciones de la villa para que participen en la organización de la Cabalgata de Reyes y en la confección de las carrozas. Hasta ahora este evento era organizado únicamente por el Concello y el colectivo «A Barcarola», pero la regidora quiere implicar en la actividad a cuantos más vecinos sea posible. Además, hace un llamamiento a los establecimientos comerciales para que donen materiales que puedan ser útiles.
DIARIO DE AROUSA, 25/11/07