OFERTA DE EMPREGO

Precisase urxentemente señora/rapaza responsable para coidar persoa maior en Pontecesures.

Preferentemente interna. Bo salario e posibilidade de residencia na vivenda para un matrimonio, p. ex.

Mais información e condicións: Contactar no 616 568 347

O día 30 terá lugar a elección do presidente da Mancomunidade Ulla-Umia.

O presidente en funcións da Mancomunidade Ulla-Umia, ven de convocar unha sesión extraordinaria da Comisión Executiva que terá lugar o martes dfía 30 de outubro de 2007, ás 20,30 horas, en primeira convocatoria e, se fose preciso, en segunda convocatoria dos días despois, coa seguinte Orde do Día:

1º-Formación da mesa de idade. Xuramento ou promesa e constitución da Comisión Executiva.
2º-Elección de Presidente da Comisión Executiva.
3º-Elección de Vicepresidente da Comisión Executiva.

Lémbrase que esta comisión ten 21 membros (9 do PP, 7 do PSdeG-PSOE, 4 do BNG e 1 da Agrupación de Electores de Moraña) que foron nomeados na asemblea onde participaron os concelleiros/as de tódolos concellos da Mancomunidade, o pasado día 23.
Dentro dos 21 membros, hai dous concelleiros de Pontecesures: Rafael Randulfe Vieites (PP) e José Antonio Baliñas Pazos (BNG).

Comunicado do tribunal para a praza do traballador/a social modificando o calendario para a selección.

Ante o número de aspirantes a cubrir o posto de traballadora social, e tendo en conta que os membros do tribunal pon poden voltar a reunirse ata o día 31 de outubro, este tribunal tomou a seguinte decisión:

*MODIFICACI?N DAS DATAS PREVISTAS NA SELECCI?N DO/A CANDIDATO/A A CUBRIR A PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL*:

* Venres 2 de Novembro: Lista provisional de puntuacións dos/as aspirantes.
* Luns 12 de Novembro: Presentación de reclamacións, no rexistro Xeral do concello (ata as 14 h.).
* Martes 13 de Novembro: Lista definitiva da puntuación, e relación de aspirantes a ser entrevistados.
* Mércores 14 de Novembro: Entrevista persoal a partir das 11 h. De aqueles candidatos/as que, segundo din as bases: ??Os candidatos que, unha vez valorados os méritos, teñan a posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado?.

O SECRETARIO DO TRIBUNAL.

Asdo.- José Rodríguez Fructuoso

El territorio Ulla-Umia busca en Bruselas su «sello» europeo.

La Marca de Calidad Territorial Ulla-Umia, en la que participan Concellos como Valga, Pontecesures y Catoira, juegan hoy un papel destacado en la Conferencia sobre la Etiqueta de Calidad Territorial Europea que se lleva a cabo en Bruselas «con la finalidad de crear una marca» para todo el continente «ligada a territorios que comparten los mismos valores, tales como el desarrollo sostenible, la implicación de actores sociales, la calidad en la producción agroalimentaria, el turismo o la cultura».

(más…)