Tódolos xoves a partir das 19 horas comeza o programa «PALCO DE ESTRELAS» en Radio Valga (107.4) dirixido e presentado polo polifacético Daniel Seijas residente en Redondo (Pontecesures).
O programa está adicado ó mundo das orquestras, onde Seijas é un especialista contrastado. Hai entrevistas en directo e liña telefónica aberta para tódalas persoas que deseñan opinar sobre sobre estes grupos ou plantexar queixas, suxerencias, solicitar diversos temas, etc…
O programa é divertido, con tono desenfadado e prima a improvisación. Remata sobre ás 2.30 da madrugada, aínda que como Seijas nunca ten presa, máis ben hai que dicir que remata cando lle pete ó presentador cesureño.