Estatísticas Septembro 2007

Segundo google Analytics esta é a evolución desta web:

table(tabla).
|_.   |_. Septembro |_. Cambio mes anterior |
|_. Visitas |>. 9.030 |>. +17,33%|
|_. Páxinas Vistas|>. 25.853|>. +21.44%|
|_. Paxinas por Visita|>. 2,86|>. +3,50%|
|_. Promedio de tempo por visita|>. 4’38»|>. +7,22%|
|_. % de visitas novas|>. 30,91%|>. +7,05%|
|_. Usuarios únicos absolutos|>. 3.183|>. +27,12%|

grafica1.gif

Coma tódolos meses estamos a crecer, o día con máis movemento do mes de septembro foi o día 18, con 1.331 páxinas vistas.

Tamén hai que facer mención ó numero de entradas dese mes, no cal chegamos a ter un total de 131 entradas, que fan unha media de 4,37 entradas/día.

Actividades de «A Barcarola» 2007/2008.

Comezaron neste mes de outubro as actividades da Asociación de Amas de Casa «A Barcarola». Son as seguintes:

NO CENTRO SOCIAL:

* Teatro. Luns ás 20 horas.
* Guitarra. Mércores ás 19 horas.
* Canto. Xoves ás 21 horas.

NO CLUB XUVENIL:

* Pintura ó óleo. Mércores ás 19 horas.
* Arte nas túas mans (mimbre, bolilllos, restauración, cerámica, cartón, cristal, estaño). Venres ás 19 horas.

Os interesados/as deben inscribirse na Mercería de Carmen, no propio lugar das actividades ou no Parafarmacia de Mª Dolores Castiñeiras.

Santiago Auserón actúa o día 20 no Auditorio de Santiago.

Dentro das actividades «COMPOSTELA CULTURA»:http://www.compostelacultura.org/ de outubro de 2007, está programada a actuación de Santiago Auserón, o sábado día 20 de outubro, ás 21 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

O concerto leva o título de «SONS DA DIVERSIDADE»:http://sons.santiagodecompostela.org/, e o que fora lider inesquecible de «Radio Futura», actuará acompañado da «Original Jazz Orquestra Taller de Músics».