«www.nuncamais.org» contra o sobresoldo de altos cargos.

cartosA web, que di non ter nada que ver coa plataforma do «Prestige», está a recoller sinaturas para que a Lei de función pública volva ó Parlamento.

A web www.nuncamais.org acaba de sumarse ás iniciativas postas en marcha por sindicatos en contra do sobresoldo de por vida para os altos cargos que son funcionarios da Xunta que contempla a nova Lei de función pública, publicada no DOG a semana pasada e que entrará en vigor dentro de pouco máis de dez días.

(más…)

O día 12 de setembro en infantil e primaria, e o día 19 en secundaria comeza o curso escolar no CPI Pontecesures.

mochilaO mércores día 12 de setembro comeza o curso en infantil e primaria cun horario de 9,05 a 14,05 horas. Este horario permanecerá así en todo o curso. En primaria haberá só un recreo que será de 11,35 a 12,05 horas.

O mércores día 19 comeza o curso en secundaria cun horario, no mes de setembro, tamén de 9.05 a 14,05 horas xa que a xornada neste mes redúcese en secundaria en tódolos centros por mor do transporte escolar.

(más…)

Curso de viticultura.

uvas.jpg

A Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa organiza un Curso de Viticultura para tódolos viticultores da comarca coa seguinte orde do curso:

Temas do curso:

* A indicación xeográfica de viños Terra do Barbanza e Iria.
* Trámites administrativos en viticultura.
* Plagas e enfermidades da vide.
* Cooperativismo agrario.

Lugar de celebración: Valga.
Duración: De luns a venres.
Horario: De 19 a 23 horas.
Custo: De balde.

Inscrición: Chamar para inscribirse canto antes ao tfno. 986-503823 ou 652-993032 (Juan Carlos-Eira)

Deporte para mayores.

deportesEl próximo 1 de octubre está previsto que comience en el pabellón municipal de Pontecesures las actividades de gimnasia para adultos. Los horarios seránde lunes, miércoles y viernes de 9,30 a 11 horas y los martes y los jueves de 20 a 21 horas.

Debido a las bajas de los monitores del pasado curso, el concello presentará una oferta de empleo en la oficina de Vilagarcía de Arousa para contratar un técnico superior en actividades deportivas.

A palista cesureña Cristina Iglesias Rey, 4ª e 6ª nos campionatos de España infantís de piragüismo.

palasEsta rapaza de 13 anos naceu en Pontecesures (o seu pai é Jorge Juan Iglesias Campos que é de Porto) e foi a vivir a Catoira xunto cos seus pais cando tiña 6 anos de idade.

Obtivo Cristina, nos campionatos de España infantís de piragüismo celebrados o pasado fin de semana en Verducido, (Pontevedra) o 4º posto en K-4 (1.000 metros), e o 6º posto en K-2 (1.000 metros) competindo co equipo de As Torres de Catoira.

Noraboa á rapaza e á súa familia.