A palista cesureña Cristina Iglesias Rey, 4ª e 6ª nos campionatos de España infantís de piragüismo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

palasEsta rapaza de 13 anos naceu en Pontecesures (o seu pai é Jorge Juan Iglesias Campos que é de Porto) e foi a vivir a Catoira xunto cos seus pais cando tiña 6 anos de idade.

Obtivo Cristina, nos campionatos de España infantís de piragüismo celebrados o pasado fin de semana en Verducido, (Pontevedra) o 4º posto en K-4 (1.000 metros), e o 6º posto en K-2 (1.000 metros) competindo co equipo de As Torres de Catoira.

Noraboa á rapaza e á súa familia.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.