Nesta semana e con motivo da chegada do bo tempo, estanse levando a cabo obras de mantemento no edificio e, especialmente, no patio da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para que as/os cativas e cativos, ademáis de seguir aprendendo e xogando, poidan tamén desfrutar do sol e das temperaturas tan agradables que a primavera nos está a brindar.
Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…
Quedan xa moi poucos concellos en Galicia nos que a vespa velutina non se teña detectado. Pontecesures non é unha excepción, e constátase que nos últimos anos a cifra de niños retirados vai en aumento. Con datos que manexa a Consellería de Medio Rural conclúese que durante os últimos cinco anos multiplicouse por 23 o número de niños retirados. A clave, un ano máis, volve a ser o trampeo intensivo dende comezos da primavera ate o mes de Xuño, a fin de capturar o maior número de raíñas, de xeito que eliminándoas se evite que cheguen a construir o propio enxameo. Tense constatado que naquelas zonas onde se leva a cabo un trampeo masivo a incidencia de vespas asiáticas ten diminuido de xeito substancial. Na provincia de Pontevedra a cifra de niños retirados o pasado ano foi de 4.198 que a empresa pública Seaga levou a cabo dentro do Plan de Loita contra a velutina, froito do acordo entre a Xunta de Galicia e a Fegamp que engloba a 285 concellos, incluído Pontecesures. Esta semana dará comezo por todo o termo municipal a colocación de trampas para capturar o maior número de raíñas e disminuir a problemática da retirada dos niños en Pontecesures.