CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA EN PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Quedan xa moi poucos concellos en Galicia nos que a vespa velutina non se teña detectado. Pontecesures non é unha excepción, e constátase que nos últimos anos a cifra de niños retirados vai en aumento. Con datos que manexa a Consellería de Medio Rural conclúese que durante os últimos cinco anos multiplicouse por 23 o número de niños retirados. A clave, un ano máis, volve a ser o trampeo intensivo dende comezos da primavera ate o mes de Xuño, a fin de capturar o maior número de raíñas, de xeito que eliminándoas se evite que cheguen a construir o propio enxameo. Tense constatado que naquelas zonas onde se leva a cabo un trampeo masivo a incidencia de vespas asiáticas ten diminuido de xeito substancial. Na provincia de Pontevedra a cifra de niños retirados o pasado ano foi de 4.198 que a empresa pública Seaga levou a cabo dentro do Plan de Loita contra a velutina, froito do acordo entre a Xunta de Galicia e a Fegamp que engloba a 285 concellos, incluído Pontecesures.
Esta semana dará comezo por todo o termo municipal a colocación de trampas para capturar o maior número de raíñas e disminuir a problemática da retirada dos niños en Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.