Martes, 27 de abril de 2021 ás 10.00 horas na Casa do Concello.
Sin Categoria
23 abril, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

«Os libros teñen esa capacidade única de entreternos, de instruirnos, de ser un instrumento que sirve para sair de un mismo e atoparse con un autor, unha autora, un universo ou unha cultura ao tempo de ofrecer a aposibilidade de sumerxirse profundamente no interior de cada un” Audrey Azoulay (Directora Xeral da UNESCO)
O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que se apunta que nese día en 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Parecía entón unha elección natural que na Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, se decidira rendir unha homenaxe universal aos libros e autores nesta sinalada data, alentando a todos, e en particular aos xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións de aqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. Por este motivo, a UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.
Para este Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, dende o Concello de Pontecesures queremos invitar a todas e a todos a empezar libros, a pasar as súas páxinas e a atopar en eles un soplo de aire fresco para o presente e o futuro.
Así pois, todos os veciños e veciñas que desexen achegarse á Biblioteca Municipal de Pontecesures durante a tarde de este venres 23 de abril ou á Praza de Abastos-Casa da Lamprea durante todo o día o venres e toda a fin de semana poderán escoller un libro libremente entre unha selección de títulos duplicados da sala de lectura da biblioteca, aproveitando, deste xeito, a ocasión para atoparlles un novo fogar onde, de seguro, cumplirán a súa función: abrir ventás a universos impresos de experiencias e deleite para todas as idades e gustos.
Sin Categoria
O CLUB NÁUTICO PONTECESURES OURO E PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XÓVENES PROMESAS

Duas deportistas do Club Náutico Pontecesures no mais alto do piragüismo nacional. Natalia Varela Cepeda, campiona; Nerea Novo Romero, subacampiona no Campionato de España que ven de celebrarse este fin de seman no Lago de Banyoles (Girona). Grandísimas deportistas con excelentes resultados. O Club Náutico Pontecesures segue a apostar polo traballo dende as categorias base e os resultados falan por si solos. Noraboa as estas campionas e ao resto do equipo polos grandes resultados. Parabéns tamén para todos os deportistas, adestradores, directivos e patrocinadores e a todos os pais e nais e seguidores do traballo do clube. Dende o Club Náutico Pontecesures seguiremos loitando cada día pola saúde e os valores que aporta o deporte á nosa mocidade.



Sin Categoria
ARRANXOS NO EDIFICIO DA ESCOLA INFANTIL

Nesta semana e con motivo da chegada do bo tempo, estanse levando a cabo obras de mantemento no edificio e, especialmente, no patio da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para que as/os cativas e cativos, ademáis de seguir aprendendo e xogando, poidan tamén desfrutar do sol e das temperaturas tan agradables que a primavera nos está a brindar.
Sin Categoria
RESOLUCION LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS EXCLUIDOS/AS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES
A LISTAXE REFIRESE AS PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2021-22.
IMPORTANTE: O PRAZO PARA COMPLETAR A DOCUMENTACIÓN É ATE O LUNS 26 DE ABRIL (ULTIMO DIA).
PODESE CONSULTAR AQUI O DOCUMENTO: http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=96&sec=7

