Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…
Quedan xa moi poucos concellos en Galicia nos que a vespa velutina non se teña detectado. Pontecesures non é unha excepción, e constátase que nos últimos anos a cifra de niños retirados vai en aumento. Con datos que manexa a Consellería de Medio Rural conclúese que durante os últimos cinco anos multiplicouse por 23 o número de niños retirados. A clave, un ano máis, volve a ser o trampeo intensivo dende comezos da primavera ate o mes de Xuño, a fin de capturar o maior número de raíñas, de xeito que eliminándoas se evite que cheguen a construir o propio enxameo. Tense constatado que naquelas zonas onde se leva a cabo un trampeo masivo a incidencia de vespas asiáticas ten diminuido de xeito substancial. Na provincia de Pontevedra a cifra de niños retirados o pasado ano foi de 4.198 que a empresa pública Seaga levou a cabo dentro do Plan de Loita contra a velutina, froito do acordo entre a Xunta de Galicia e a Fegamp que engloba a 285 concellos, incluído Pontecesures. Esta semana dará comezo por todo o termo municipal a colocación de trampas para capturar o maior número de raíñas e disminuir a problemática da retirada dos niños en Pontecesures.
O Concello de Pontecesures ven de solicitar o Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra
O Plan Concellos consta de 3 Liñas:
Liña 1 (Inversións):
Obras de conservación na cuberta do Pavillón Municipal por un importe 26.500,63€
Acondicionamento e mellora en diversas Rúas e zonas de Pontecesures (inclúe os gasto da redacción do proxecto) por un importe de 92.518,75€.
Formigonado dun traito da Rúa Barrio Paxareira
Muro de contención en Rúa do Campo
Fresado e reasfaltado dun treito da rúas Portarraxoi-San Lois
Renovación da Sinalización Horizontal no núcleo urbán de Pontecesures
Muro de contención na Rúa do rial
Fresado e reasfaltado dun treito da Rúa Ullán
Arrancado de Tocóns, poda e reparación de muro de contención en Camiño Verde
Acondicionamento do entorno da Piscina Municipal
Melloras en Aldea de abaixo
Mellora Paixasística e de imaxe nun tramo do Camiño de santiago ao paso por Pontecesures por un importe de 30.093,91€
Suministro para a equipación de vestiario do equipo de Vixilancia Municipal por un importe de 7.260€
Subministro de equipamento de material deportivo (pista muelle e percheros campo fútbol) por un importe de 6.515,78€
Subministro de equipamento de material deportivo (pista muelle e percheros campo fútbol) por un importe de 18.004,80€
Adecuación e Reposición dos sistemas informáticos no Edificio da casa do concello, Regularización das Licencias de software e mellora da seguridade de rede e virtualización de máquinas por un importe de 18.148,79€
Subministración de Mobiliario para as oficinas e dependencias municipais da Casa do Concello por un importe de 12.865,35€
Aportación Municipal á obra Mellora no Parque Infantil Vicente Moure por un importe de 9.679,88€
Aportación Municipal á obra Mellora do Camiño de acceso a Grobas por un importe de 6.815,41€
Aportación Municipal á obra Acondicionamento e Mellora da ETAP de Pontecesures por un importe de 7.951,65
O importe total da Liña 1 ascende a 236.354,95€
Liña 2 (Gastos):
Labores de Poda de Formación e de Mantemento en distintas zonas do núcleo urbano de Pontecesures por un importe de 14.925,40€
Labores de Limpeza Viaria nas Rúas Portarraxoi, Travesía da Bandeira, San Lois, Ullán Rúa Nova, Sagasta e Victor García por un importe de 6.776€
Contratación de asesoramento de xestión enerxética, revisión de facturación mensual, e uso/soporte do software de xestión enerxética para o período marzo 21 a decembro 21 por un importe de 2.904€
Contratación de asesoramento para a implementación, desenvolvemento e aplicación da RPT aprobada por un importe de 11.011€
Contratación de asistencia técnica por servizos profesionais para asistencia xurídico urbanística por un importe de 8.470€
Contratación de Levantamentos topográficos por un importe de 4.343,90€
O importe total da Liña 2 ascende a 48.430,30€
Liña 3 (Contratación de persoal):
1 administrativo por un importe de 14.438,86€
1 Arquitecto Técnico por un importe de 5.838,48€
2 operarios de limpeza por un importe de 18.738,52€
4 peóns de obra por un importe de 44.973,19€
O importe total da Liña 3 ascende a 81.994,61€
Polo que o importe total da Subvención da Deputación de Pontevedra para o Concello de Pontecesures a través do Plan Concellos 2021 ascende a 366.779,86€
A diario seguen aparecendo enseres e lixo depositados nas rúas do noso municipio dando unha sensación de falta de hixiene e de abandono de lugares tan bonitos coma os que temos….Recordar que para a recollida de voluminosos debe chamarse previamente ao 639107638 para acordar data de recollida.
Tras años de quejas de los usuarios de la carretera A Estrada-Pontecesures (PO-214) la Xunta ha iniciado al fin la tala de los árboles que jalonaban el vial. Los árboles -en su mayoría eucaliptos de gran tamaño- se encontraban justo al borde del vial. En invierno, las hojas y el ramaje desprendido multiplicaban la peligrosidad de una vía ya de por sí complicado por su sinuosidad. Las raíces de los grandes ejemplares, además, llegaban a levantar el pavimento.
La tala obliga a cortar el vial durante la jornada diurna, forzando estos días un desvío que supone unos seis kilómetros más de recorrido.