Continua o equipo de futbol sá de cesureño adaptándose a esta nova competición na que acaba de comenzar a competir. Se no primeiro partido celebrado na casa perdera por un claro 1 – 4, logo de chegar ó descanso 0 -1 diante dun equipo de Boiro moito mais rodado na categoria; este pasado sábado perdeu por 3 a 4 na súa primeira visita a domicilio faltando menos dun minuto, e cando se estaba sufindo por aguantar o empate a 3 co que se chegara ós últimos minutos do encontro. Pero cando o reloxio decía que quedaban segundos un último gol dos locais impediu acadar o premio do primeiro punto nesta competicion.
Dende aquí sorte ós rapaces de Marcos «Pichi» e citar á afección deste deporte para un novo encontro este vindeiro sábado día 3 a partires das 17 h. da tarde, para que acudan a animar en busca da primeira victoria do equipo.