Á vista dos datos que me trasladan dende a Xerencia da Area Sanitaria os resultados son malos, sen paliativos.
DATOS
Personal da hostelería e do comercio convocados ao cribado: 214
Personal que asistiu ao cribado: 195
Nº de positivos detectados no cribado: 8 positivos
CONCLUSIÓNS
Os 8 positivos detectados representan un 4,1% dos muestreos realizados.Aos 8 positivos habería que engadir os 5 positivos que foron chamados a cribado e que xa non puideron asistir xa que poucos días antes foran diagnosticados como positivos.En Pontecesures ese 4,1% é un número moi abultado.Segundo as autoridades sanitarias, a media de positivos detectados nos cribados (inclusive os cribados hospitalarios) é de 1,2-1,4 %. En Pontecesures este dato é máis do triple.Como Alcalde estou abrumado e moi frustrado e preocupado pola evolución dos datos.No que levamos de pandemia, os cesureños e cesureñas estivemos a traballar moi ben para atallar a enfermidade; por isto, quero apelar á responsabilidade de toda a veciñanza e esperar que oxalá este dato non sexa un mal presaxio do que está por vir.
Juan Manuel Vidal Seage