
Programa de actividades de animación á lectura que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Pontecesures, dirixido aos alumnos/as do CPI de Pontecesures. Programa subvencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Programa de actividades de animación á lectura que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Pontecesures, dirixido aos alumnos/as do CPI de Pontecesures. Programa subvencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Foi na zona do grupo escolar, e apareceu un chaveiro con chaves presumiblemente dun vehículo e dun domicilio. O/A seu propietario/a pode reclamalas nas oficinas dos vixiantes municipais no concello.
(A imaxe non se corresponde coas chaves atopadas).
Requisitos: – Persoas desempregadas- Certificado de discapacidade igual ou superior o 33 %- Inscritos no SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL- EDAD: entre 16 e 30 anos.
Mais información:
O pleno da Real Academia Galega ven de facer xustiza. Onte nomeou a Xavier Senín membro correspondente desta entidade, faro do noso eido cultural. Ben coñecido polo seu traballo nas páxinas de EL CORREO, este fillo de Pontecesures, é unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais. Mesmo para lectores cativos que adultos, os ollos, o agarimo e os coñecimentos deste intelectual fixeron posible, por exemplo, os álbums de Astérix, e clásicos como O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha. Hoxe onde a cultura é máis necesaria que endexamais para dese xeito atopar xanelas para resistir neste tempos negros, que persoas (e non persoeiros) traballadoras do noso como Senín acaden distincións e unba boa nova que cumpre celebrar.
El Correo Gallego
O pleno da Real Academia Galega nomeou a Xavier Senín (Pontecesures, 1949) membro correspondente da Real Academia Galega na sesión celebrada esta mañá na Coruña. O filólogo é unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais. Entre eles destacan unha morea de títulos de gran popularidade entre o público infantil e xuvenil, como os álbums de Astérix, e clásicos como ‘O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha’, como membro do equipo de tradución da edición saída do prelo de Xuntanza Editorial en 1990. Xavier Senín exerceu ademais un apoio decidido ao libro galego como subdirector xeral do Libro e Promoción Cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006.O novo académico correspondente licenciouse en 1975 en Filosofía e Letras, Sección de Filoloxía Moderna, Subsección de francés pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1976 comezou a exercer como docente de secundaria e foi catedrático de instituto da materia de Francés dende 1981, aínda que sempre lle prestou atención ao galego tamén dende a didáctica. Foi docente dos primeiros cursos de lingua e cultura galegas tras a recuperación da democracia, coordinador dos libros de texto de lingua galega de EXB de Ediciones SM e autor de ‘Lingua Galega 1º de BUP’ e ‘Galego 2º de BUP’ de Edicións Xerais de Galicia.Como tradutor, Xavier Senín ocupa un espazo de relevancia tanto pola cantidade como pola calidade das súas achegas. Foi ademais impulsor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (ATG), creada en 1985 para potenciar a tradución ao galego como ferramenta de normalización lingüística; e redactor responsable da edición galega d’O Correo da Unesco dende a súa aparición en 1989 ata 2001. Moitos dos títulos que levou á lingua galega están dirixidos ao público máis novo, sempre no centro da súa atención, un interese que o levou tamén a asumir a presidencia da Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil (1998-2001).Xavier Senín verteu ao galego a primeira e única novela en castelán da súa amiga María Victoria Moreno, ‘Alcores de Donalvar’ (1969), publicada baixo o título ‘Onde o aire non era brisa’ (2009). Co gallo do Día das Letras Galegas que a Academia lle dedicou á autora, o académico correspondente escribiu canda Isabel Soto ‘María Victoria Moreno. Sementadora de futuro’.
Real Academia Galega