• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sin Categoria / O cesureño Xavier Senín membro da Real Academia Galega.

O cesureño Xavier Senín membro da Real Academia Galega.

4-10-2020 por Redacción Dejar un comentario

O pleno da Real Academia Galega nomeou a Xavier Senín (Pontecesures, 1949) membro correspondente da Real Academia Galega na sesión celebrada esta mañá na Coruña. O filólogo é unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais. Entre eles destacan unha morea de títulos de gran popularidade entre o público infantil e xuvenil, como os álbums de Astérix, e clásicos como ‘O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha’, como membro do equipo de tradución da edición saída do prelo de Xuntanza Editorial en 1990. Xavier Senín exerceu ademais un apoio decidido ao libro galego como subdirector xeral do Libro e Promoción Cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006.O novo académico correspondente licenciouse en 1975 en Filosofía e Letras, Sección de Filoloxía Moderna, Subsección de francés pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1976 comezou a exercer como docente de secundaria e foi catedrático de instituto da materia de Francés dende 1981, aínda que sempre lle prestou atención ao galego tamén dende a didáctica. Foi docente dos primeiros cursos de lingua e cultura galegas tras a recuperación da democracia, coordinador dos libros de texto de lingua galega de EXB de Ediciones SM e autor de ‘Lingua Galega 1º de BUP’ e ‘Galego 2º de BUP’ de Edicións Xerais de Galicia.Como tradutor, Xavier Senín ocupa un espazo de relevancia tanto pola cantidade como pola calidade das súas achegas. Foi ademais impulsor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (ATG), creada en 1985 para potenciar a tradución ao galego como ferramenta de normalización lingüística; e redactor responsable da edición galega d’O Correo da Unesco dende a súa aparición en 1989 ata 2001. Moitos dos títulos que levou á lingua galega están dirixidos ao público máis novo, sempre no centro da súa atención, un interese que o levou tamén a asumir a presidencia da Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil (1998-2001).Xavier Senín verteu ao galego a primeira e única novela en castelán da súa amiga María Victoria Moreno, ‘Alcores de Donalvar’ (1969), publicada baixo o título ‘Onde o aire non era brisa’ (2009). Co gallo do Día das Letras Galegas que a Academia lle dedicou á autora, o académico correspondente escribiu canda Isabel Soto ‘María Victoria Moreno. Sementadora de futuro’.

Real Academia Galega

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:infantil, letras galegas, libro, pleno, Pontecesures, santiago, xunta

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • ULTIMAS PRAZAS PARA 2 CURSOS DO TIC EMPRENDES – O TEU RURAL TEN FUTURO
  • DATOS COVID PUBLICADOS HOXE LUNS 01-03
  • Falleció Julio Rodríguez Sóñora
  • Lamprea: el vampiro vampirizado,
  • Tiempo de lamprea con Miguel Piñeiro.

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

río ulla Pontevedra Pontecesures Concello Catoira santiago tren Maneiro curso pp Ulla Diario de Arousa psoe fin de semana Vigo BNG protección civil concurso sábado Vilagarcía valga plaza sar Historia tripartito Campaña festa n-550 sabariz fiesta a ponte iglesia lamprea Angueira Caldas fútbol xunta padrón ACP la voz de galicia pleno correo gallego obras faro de vigo Porto

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños