SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA A XORNADA DO LUNS 9 DE SETEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do luns -9 de setembro procederáse a un corte na rede de subministro de auga, por mor das obras que se están a levar a cabo no peirao de Pontecesures.

Este corte afectará nas seguintes rúas:

  • Rúa San Lois: Dende o Supermercado Froiz ata a a vía do tren na marxe esquerda.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 8.30 ás 12.30 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

ENQUISA CIDADÁN PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE NO CONCELLO DE PONTECESURES.

A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención ao Concello de Pontecesures para a redacción dun PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE (PMUS). Neste senso, o Concello de Pontecesures precisa dotarse dun plan de mobilidade sustentable a través do cal poder analizar como funcionan neste momento os fluxos de comunicación (peonil e rodada, en medios de transporte público ou particular, etc.) dentro do propio núcleo urbán e tamén na relación con outros núcleos de poboación e centros de atracción.

Como parte da obtencion de información para a elaboración do devandito Plan de Mobilidade Sustentable, é necesario recurrir a enquisas que reflictan a percepción da cidadanía da situación actual e dos hábitos de mobilidade, medios de transportes utilizados, etc..

Por todo isto, animamos a que a cidadanía de Pontecesures conteste a esta enquisa sinxela que axudará a coñecer e mellorar a mobilidade no noso concello. No seguinte link accédese ao modelo de enquisa:

ACCESO Á ENQUISA; PREMER AQUÍ