TEATRO NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES: FULANO, MENGANO E CITANO «TOP MANTA».

FULANO MENGANO E CITANO    

presentan

??TOP MANTA?

SÁBADO 8 DE SETEMBRO DE 2018 ÁS 22.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES.

SINOPSE:

TOP MANTA, cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro  para crear un ??coctel de sete estalos? que nos fará estoupar coa risa.

Divertidas imaxes de transición, intercaladas ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo.

As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.

«TOP MANTA»

un espectáculo para rir e rir e rir

por non chorar, chorar, chorar?

de risa, claro!

Intérpretes

   Suso Pando,  Marcos Alonso,  Manuel Pombal

Dirección

   Manuel Pombal

Apta para todos os públicos

Los drones llevan la ciencia a los niños de Valga.

11 de septiembre ? Toda la mañana ? Gratis con inscripción ? Aula Cemit ? Los niños de Valga podrán pilotar drones gracias al programa «Tech Kids», organizado por la Axencia para a Modernización Tecnolóxica y el Colegio Profesional de Ingeniería Informática de Galicia. El curso cuenta con diez plazas para menores de entre 12 y 16 años.

La Voz de Galicia

OBRA DE MELLORA DO CAMI?O TOXA ?? CARREIRAS

O pasado 1 de agosto de 2018, a Xunta de Goberno Local adxudicou a ??Obra  de mellora do Camiño Toxa-Carreiras? á empresa Construcciones y Canalizaciones Salnés S.L. (CCS) por un importe de 27.092,67? máis 5.689,46E de IVE o que fai un total de 32.782,13? dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do ??Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018? aporta 25.290,35? e o Concello 7.491,78?. A aportación do Concello faise con cargo á baixa da adxudicación dunha obra do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

A actuación consistirá en demoler o actual pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado con bordos tranversais de formigón envellecido. O formigón será coloreado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

Será preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga que contarán con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.

Ademais da pavimentación, prevese a instalación dun sistema de evacuación das pluviais, que actualmente provocan problemas de empozamentos en varios puntos.

Esta obra é continuación da que se fixo na Toxa o ano pasado e resalta o criterio deste equipo de goberno de obtar por este pavimento xa que é o que ten establecido como criterio de pavimentación das zonas de tráfico mixto en plataforma única, de maneira que se cambien os pavimentos antigos de asfalto e formigón en masa (previstos e percibidos como pavimentos para os vehículos) por un pavimento adaptado á preferencia peonil.

. As obras rematarán esta semana.