O BNG de Pontecesures carga contra a concelleira Mónica Espadas.

Cando pensabamos que as erráticas respostas ás que nos teñen habituados os membros do equipo de goberno (non sei; non me consta; xa lle contestarei….etc) non podían ir a máis, chega o pleno de hoxe para demostrarnos que aínda podemos ir un paso máis adiante

Dada a inexistencia de ningún tipo de actividade en torno a figura da muller con motivo da celebración do 8 de marzo por parte do concello de Pontecesures, preguntámos á concelleira de muller, Mónica Espadas, a súa opinión sobre esta ausencia. A súa resposta foi poñer os ollos en branco e xesto de fastío; insistimos na pregunta «hai un plan para revindicar a igualdade neste concello? hai un plan para a muller?».

Ante a nosa insistencia, a súa resposta: «no sé los que queréis, contestaré en él próximo pleno» Pero, como a resposta non debeu ser suficiente, cinco minutos despois levantouse e abandonou o pleno sen dar máis explicacións.

Todo un exemplo, a señora Espadas, da actitude que debe amosar un cargo público.

BNG Pontecesures

ATOPADAS UNHAS CHAVES NA R?A

APARECERON UNHAS CHAVES. Comunica a policia local de Pontecesures que esta mañá entregáronlles unhas chaves atopadas na rúa. Poden tratarse da pechadura dunha vivenda. Para reclamalas, dirixirse á policia local do concello.

Nota: A imaxe NON se corresponde coas chaves atopadas.

Finou Mª Carmen Potel Estévez, irmá do expárroco Severino Potel.

Aos 87 anos de idade morreu hoxe esta veciña do Forno-Cordeiro que estaba casada con Constantino Campaña Tojo. Era irmá do que fora párroco de Pontecesures, Severino Potel Estévez e sogra do exconcelleiro tamén de Pontecesures, Fernando Rodríguez Gómez.
O velorio está instalado no Tanatorio de Cordeiro. O luns 26 de marzo, ás 18 horas, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa Parroquial de Santa Comba de Louro (Cordeiro). De seguido os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio de dita parroquia.
Descanse en paz.

O alcalde de Pontecesures na inauguración da exposición dos Camiños.

Hoxe venres día 23 de marzo inauguramos a exposición «Camiños: con pan e viño ándase o camiño». organizada por Celestino Lores, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués.
A exposición poderase visitar durante a Semana Santa, de Xoves Santo a Domingo de 11:30-13:30 e 16:30 a 19:00.
Durante todo o mes de abril o horario de visita será de 10:00-14:00 (Luns a venres), de 15:30-17:30 (luns a xoves) e de 16:30 a 19:00 (Sábados e domingos).

Á inauguración asistiron D. Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, D. J. Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures, D. Ignacio Landín, presidente da Cofradía Virxe da Peregrina, dna. Pilar Comesaña, conselleira de Pontevedra, os pintores dna. Luz Lafuente e D. Álex Vázquez, e D. Antonio e DNA.Natalia da bodega señorío de Rubiós.
Tamén asistiron D. Enrique Rodríguez, presidente da Federación Efas de Galicia, Dna.Mª Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A CANCELA e dna.Lara Fernández, directora da EFA A CANCELA.

Asociación EFA A CANCELA.