Morreu José Troáns Carregal.

Aos 72 anos de idade finou este veciño do Couto-Condide que estaba casado con Carmen Portas Calvo. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 18 horas do mércores, 9 de agosto, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA R?A DO RIAL E NO CAMI?O A CARREIRAS PARA A XORNADA DE MA?Á (M?RCORES 9 DE AGOSTO).

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS DO CONCELLO DE PONTECESURES 

AVISO

Mañán mércores 9 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a avaría na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • Rúa do Rial.
  • Camiño a Carreiras.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recomendase aos veciños/as destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.