Son moi amigos dos números, e estiven a votarlle un ollo ós datos do Instituto Nacional de estadística INE sobre o concello de Pontecesures, e vense cousas moi peculiares.
Segundo este documento: (Cera – formato excel) somos os cuartos con menos veciños residentes no extranxeiro ( 218 ) da provincia de Pontevedra, a lista queda así:
- Mondariz-Baneario: 40
- Soutomaior: 162
- Oia: 204
- Pontecesures: 217
- Catoira: 315
Ahora ben, si facemos un calculo cos veciños censados fronte os veciños afincados fora do Pais atopamos que lista queda un pouco diferente xa que, segundo o censo do 1996, os que viven no extranxeiro son un 7,57%. Coido que as cifras serán diferentes na actualidade, pero esto sae con estos datos, quedando Pontecesures como número 12+1 do «ranking» de concellos con menos relación emigrados/residentes, os primeiros postos son para:
- Redondela: 0,56%
- Soutomaior: 3,09%
- Cangas: 3,56%
- Vigo: 4,63%
- Mos: 4,88%
- Marín: 5,02%
- Moaña: 5,07%
- Mondariz-Balneario: 6,29%
- Oia: 6,46%
- Vilagarcía de Arousa: 6,86%
- Vilanova de Arousa: 7,44%
- Bueu: 7,54%
- Pontecesures: 7,57%
Outros concellos proximos a pontecesures: Catoira: 8,72%; Valga: 16,76%; Caldas de Reis:12,93%;