Colocan el cartel que anuncia el albergue.

La denuncia del concejal de la ACP, Luis Sabariz, surtió su efecto. El Concello de Pontecesures colocó ya el cartel que anuncia la existencia de un albergue para peregrinos en el Caminno Portugués, a su paso por el municipio. Sabariz denunció días atrás que el cartel estaba acumulando polvo en un almacén.

LA VOZ DE GALICIA, 07/06/12

O Concello de Pontecesures trouxo hoxe de Tallós (Dodro) o cartel do albergue de peregrinos.

Logo da queixa publicada hoxe nos medios de que este cartel, encargado e financiado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, permanecía dende o 11 de maio empaquetado nunhas instalacións situadas en Tallós, cando o noso concello comprometeuse diante do Xacobeo a colocalo no Camiño Portugués, xa, neste día, o concello retirou o sinal do local de onde estaba preparado.
Agora só queda esperar que a colocación sexa inmediata.

O cartel do albergue de peregrinos segue sen colocarse.

Logo de inaugurarse o albergue de peregrinos (que está situado a 50 metros do Camiño Portugués a caron do CPI Pontecesures) en xaneiro pasado, a ACP solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo a colocación dun cartel no propio camiño co obxecto de informar aos numerosos peregrinos da situación das instalacións e para fomentar o uso do albergue.

A S.A. do Xacobeo encargou un sinal de considerables dimensións (60×90) para instalar nun poste de 3 metros de altura, nunha empresa de Tallós-Dodro afrontando o pago da mesma e o Concello de Pontecesures comprometeuse ante o propio Xacobeo a retiralo e a colocalo no Camiño.

Pois ben; o cartel leva preparado dende o 11 de maio nas instalacións da empresa e tadavía non foi retirado. Sí foi retirado por parte do Concello de Valga o cartel do seu albergue, que tamén encargou o Xacobeo, pero non o de Pontecesures.

A demora motivou que este concelleiro preguntara pola cuestión no pleno ordinario do 28 de maio ao concelleiro Roque Araújo, pero o cartel sigue empaquetado en Tallós en lugar de estar colocado no Camiño precisamente agora cando hai tantos peregrinos que discorren polo mesmo.

A ACP quere denunciar esta desidia e pasotismo do goberno local. Estase a demostrar que non queren fomentar o uso dunha instalación conquerida e xestionada polo goberno anterior cun notable investimento por parte da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Resulta lamentable que con tres concelleiros en dedicación exclusiva nin sequera sexa xestionada a colocación dun simple sinal. Este e o xeito que teñen de potenciar a imaxe do municipio.

Pontecesures, 04/06/12

Luis Ángel Sabariz Rolán

Contestación de Luis Sabariz sobre o punto de información de Infesta.

Aínda que no pleno do pasado 28 de maio xa indiquei que no goberno anterior pouco, ou nada, tiven que ver na xestión do Punto de Información de Infesta financiado ao 100% pola antigua ADR Ulla/Umia con sede en Caldas de Reis, unha vez obtida a correspondente información quero contestar ao goberno local de Pontecesures o seguinte:

-Aínda que a columna, co teclado e o ordenador, chegou hai moito tempo, é certo que ata rematar 2010 non se colocou o elemento na rúa Infesta. Colocouno persoal municipal e unha empresa eléctrica para preparar a conexión de telecomunicacións.

-A demora foi importante porque daquela esperabase ter unha conexión a internet sen fíos para o punto. Como non era posible, realizouse a instalación pero só da columna pois o ordenador levouse, ao parecer, á nave de obras, pois había que dotalo de contidos e dar de alta a conexión de internet .

-Chegou o cambio do goberno e estas tarefas quedaron pendentes. A exalcaldesa pregou nun par de plenos ao actual alcalde que se puxese en marcha o PIM informando de que o custo para facelo era mínimo. As peticións caíron en saco roto ata que o PP solicitou o mesmo, con cambio de situación do punto para unha zona máis próxima ao albergue de peregrinos.

-Tal foi o desinterese durante case un ano (e o descoñecemento da titularidade da instalación) por parte do goberno local, que o concelleiro Roque Araújo chegou a chamar a S.A de Xestión do Plan Xacobeo para arranxar este asunto, cando dito organismo non ten nada que ver co PIM.

-Temos coñecemento de que un dos encargado de obras do concello comprobou que o ordenador estaba hai, máis ou menos, un mes no departamento de cantería da nave/almacén municipal. Sorprendentemente agora non se atopa e descoñecemos as razóns. Esperemos que o goberno local investigue sobre esta desaparición e tome as medidas oportunas.

-? evidente que o goberno anterior non xestionou ben este asunto (e asumo a parte de culpa que me corresponda), pero os xestores actuais levan un ano gobernando, teñen tres concelleiros cobrando un salario con adicación exclusiva e teñen a obriga de rematar os traballos ou xestións que quedaron ??digamos a medias? na institución.

-Non se pode poñer desculpas, hai que traballar, hai que conquerir axudas, hai que xestionar a xestión herdada. Dicir que nun ano os integrantes do goberno nin se enteraron que a columna viña cun ordenador no seu interior e que descoñecían se estaba dentro ou fóra é de ineficaces. E iso prexudícanos a todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Caciquismo de manual.

O informe negativo da Comisión Provincial de Patrimonio de A Coruña sobre a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para o convento de Santo Antonio de Herbón, en Padrón, significa, de facto, abalar as presións exercidas por algúns veciños e polo alcalde. Tamén evidencia un cambio radical da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia pois, ata xaneiro deste ano, mantivo unha posición entusiasta e favorable ó BIC.

A iniciativa de solicitar a declaración de BIC foi promovida polo Seminario Galego de Educación para a Paz, a Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, a Sociedade Cooperativa Viravolta e a Fundación Convento de Herbón. Tratábase de acceder ó financiamento a cargo do 1% cultural do Mº de Fomento para rehabilitar uns espazos cedidos polos franciscanos para poñer en marcha un Centro Internacional pola Paz onde tería tamén unha sede externa a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC, o futuro Centro UNESCO de Galicia, e a Fundación Cultura de Paz que preside Federico Mayor Zaragoza, comprometido ??desde hai anos?? co proxecto e ó que doaría unha parte moi substancial da súa biblioteca e documentación persoal. Sería un Centro con salón de actos, sala de exposicións permanente (base dun futuro Museo da Paz), aulas, biblioteca e videoteca, para ofertar a colexios e institutos, ONGs e un lugar de encontro internacional sobre paz e dereitos humanos.

A Asociación de Amigos do Camiño pretendía instalar non só un albergue de peregrinos, que xa mantén na actualidade, senón un Centro de Estudios Xacobeos. Pola súa parte, a Sociedade Cooperativa Viravolta establecería unha casa de acollida para nenos en situación de risco e de exclusión social.
O proxecto de rehabilitación e de execución de obra, magnífico, o fixo un arquitecto galego de prestixio, Pedro de Llano, e no documento xustificativo participaron catedráticos ben recoñecidos.

Desde finais de 2009 estivemos pulando por esta iniciativa, de enorme interese para Padrón e para Galicia, ata que, en outubro de 2011, entreguei persoalmente toda a documentación necesaria en Madrid, no Ministerio de Fomento, que daquela aínda presidía Xosé Blanco. Había un acordo absoluto na adecuación do proxecto ó 1% cultural e comprometemos 700.000 euros para a rehabilitación de Herbón e a posta en marcha do Lar da Paz.

Ata aquel momento, Patrimonio, o seu director, José Manuel Rey Pichel, e a súa subdirectora, María Diz, cos seus propios técnicos, apoiaban de maneira entusiasta o proxecto, de feito, en outubro de 2011 aproban a incoación do expediente de declaración de BIC (DOG, 31 de Outubro, 2011). Nada menos que a propia Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega emiten informes favorables.

Que pasou entón para que esta sintonía empezara a desafinar?

Caciquismo de manual. Nada novo en Galicia, máxime cando se quere avanzar na protección do medio natural ou cultural. Por iniciativa dalgún veciño con intereses particulares preto do convento, con expectativas de negocio, e a colaboración incomprensible da alcaldía, o 23 de xaneiro, convócase unha asemblea ??popular?, nunca mellor dito, á que non se invita ás partes promotoras da iniciativa. Nesa reunión, o propio alcalde, nunha actitude de enorme irresponsabilidade alerta á veciñanza dos perigos da declaración BIC para Herbón, que si non van poder mover unha pedra sen permiso, que si terán que ocultar os invernadoiros con tullas, que Patrimonio terá que autorizar previamente calquera modificación… Alí mesmo anuncia alegacións do Concello contra do BIC, un mes fora de prazo, e tamén a recollida de sinaturas na parroquia. Neste ambiente enrarecido, en Herbón, empezan as ameazas contra do convento e o seu prior, Roberto Freire, contra a Asociación Sementar, chamadas telefónicas, envelenamento dunha cadela dos franciscanos… caciquismo de manual.

E recolléronse sinaturas, moitas que non son de Herbón, outras que non saben exactamente o que piden, e entréganse en Patrimonio. ? certo que non se pide a paralización do BIC pero, coa boca pequena e coas actuacións, ese é o obxectivo principal. As presións institucionais (e políticas) do alcalde non paran. Visitas á Comisión Provincial, á Dirección Xeral, especialmente para impedir o perímetro de especial protección (uns 150 metros) arredor da muralla do convento, unha medida que foi imposta unilateralmente por Patrimonio e que non estaba (nin está) na solicitude de BIC.

Mentres vémonos co alcalde en varias ocasións co ánimo de introducir racionalidade e buscar a mediación de Patrimonio, mesmo pedimos unha reunión, por escrito, nas dependencias da Xunta, para chegar a un acordo. E Patrimonio, sorprendentemente, inhíbese.

Ata o 2 de maio pasado. Ese día, o propio director xeral en persoa, e o alcalde de Padrón, presionan á Comisión Provincial e forzan unha votación contraria ó BIC. Tan só Carlos Amoedo Souto, vogal da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico, en representación da Universidade de A Coruña, resiste as presións e emite un voto particular que merece ser coñecido, pois describe, con rigor, todo o que pasou ata hoxe.

Non deixa de sorprender que persoas de prestixio recoñecido, defensoras inequívocas do noso patrimonio, aceptasen as argumentacións manifestadas na reunión para emitir informe desfavorable alegando, ¡que casualidade!, enfrontamentos veciñais ou posibles interferencias na explotación económica do pemento?
En realidade, son cada vez máis as opinións que manifestan, pública e privadamente, que detrás de todo este asunto acochan escuros intereses inmobiliarios para Herbón e a súa contorna.

A Dirección Xeral de Patrimonio decidirá en breve. Confiemos en que sexa a favor do noso patrimonio e da nosa cultura… si non é así, quero anunciar, desde xa, que recorreremos, que demandaremos da maioría política no Concello de Padrón (pois o alcalde goberna en minoría) actuacións coherentes e claras en favor do BIC, pediremos a mediación do Consello da Cultura e da Universidade de Santiago… pois nin Padrón, nin Galicia, poden permitirse semellante disparate.

Por Manuel Dios Diz. Presidente del Seminario Galego de Educación para a Paz.

TIERRAS DE SANTIAGO, 15/05/12