Más contenedores para Pontecesures.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo presidente da Mancomunidade do Barbanza, Luis Oujo, comprobou a actuación levada a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental nesta entidade.

A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Xunta investiu no proxecto presentado pola mancomunidade para a adquisición de contedores para a recollida de residuos para o complexo medioambiental, máis de 83.000 euros.

Segundo subliñaron dende a Xunta, o plan consistiu na adquisición de 920 contedores de lixo de 800 litros, de 360 litros, de vidro, de papel e de recollida de pilas que se repartiron entre os distintos municipios que forman parte de mancomunidade (Ames, Muros, Brión, Carnota, Lousame, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois).

No marco deste fondo, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros, o Executivo autonómico financia actuacións nos concellos dirixidas ao aumento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Durante a súa visita a Lousame, Gonzalo Trenor anunciou que a través da orde do Fondo de Compensación Ambiental repartíronse máis de 658.000 € en trece proxectos nos municipios de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira, Rianxo e a concellos que forman parte da mancomunidade Serra do Barbanza, .

O delegado territorial destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

En canto á finalidade das mesmas, indicou que estas achegas “van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

Pola súa parte, Luis Oujo subliñou que “para os Concellos de pleno dereito da mancomunidade é unha axuda moi importante coa que se mercaron unha cantidade considerable de contedores, que nos permitiu renovalos; moitos deles estaban en mal estado”. “Grazas ao Fondo de Compensación Ambiental fomos capaces de compralos e ter cuberto o servizo do mellor xeito posible”, resaltou ao respecto o munícipe.

Indicar, por último, que aproveitaron a visita que Trenor fixo para comprobar a inversión realizada para mostrarlle o funcionamento da planta. No encontro tamén participaron a tenente de alcalde de Porto do Son, María Maneiro Quintáns, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manel Deán.

El Correo Gallego

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA EN MATERIA DE VIVENDA 2021.

Mellora da seguridade e accesibilidade (código de procedemento VI422E)

Rehabilitación integral para vivendas no Camiño de Santiago (VI408H).

Programa de infravivenda (VI406A)

Adquisición de vivenda para xente nova <35 anos (VI435A)

MÁIS INFO. no Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS):

http://igvs.xunta.gal/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/Lexislacion/Accesibilidade/20201111_Atencion_ao_publico_IGVS.pdf

 bases AXUDAS VIVENDA 2021 varias
 bases AXUDAS ADQUISICIÓN VIVENDA XENTE MOZA

O BNG de Pontecesures critica a xestión do goberno local.

Non é por falta de recursos económicos, que os hai, é por desidia, pasotismo e unha absoluta falta de interés pola nosa vila que:
👉 non haxa Cabalgata de Reis por non buscar alternativas que permitan celebrala no contexto actual.
👉 non exista unha campaña de Nadal enfocada a promocionar o comercio local.
👉 non se creara unha liña de axudas directas ó comercio e a hostelería como sí se fixo noutros concellos.
👉lévese cinco anos prorrogando os orzamentos do anterior equipo de goberno cando as necesidades e a situación actual mudaron totalmente.
👉que o entorno do CPI de Pontecesures sexa un caos circulatorio que expon ós rapaces e usuarios a situacións de risco.
👉e que a nosa vila esmoreza lentamente sen que a ningún membro do equipo de goberno pareza importarlle o máis mínimo.

Aluvión de bajas en la guardería de Valga al no poder optar las familias a la gratuidad por el segundo hijo. Un buen número va a la de Pontecesures.

Una veintena de niños han causado baja en guardería de Valga nada más empezar el curso. Así lo ha denunciado el PSOE local: «A escola infantil comezou as clases o pasado luns, día 7 con 73 crianzas, e tres días despois vinte delas abandonárona para matricularse nas garderías do entorno, como Pontecesures». ¿Qué ha ocurrido? ¿Cuál es la causa de semejante desbandada? Los socialistas lo tienen claro: «O Concello non se adheriu ás axudas da Xunta, que concedía a gratuidade da escolarización de 0 a 3 anos para os segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís». La falta de dicha ayuda es el factor determinante que ha empujado a las familias a buscar otros centros en los que sí se pueden beneficiar de dicha prestación. Ante esa situación, el PSOE que encabeza María Ferreirós ha pedido al gobierno local liderado por Bello Maneiro «que se apliquen solucións con carácter urxente dado que consideramos prioritario este servizo. Ten que ser un servizo de calidade e seguro e que non lle supoña un custe inasumible ás familias».

La ayuda en cuestión a la que no tienen acceso quienes acuden a la guardería de Valga resulta «vital para as familias, especialmente neste momento de incertidume económica e laboral», señala Ferreirós. La portavoz socialista indica que «o Concello de Valga demostra unha incapacidade tremenda e nulo interese no servizo público e nas políticas sociais. Non pode clasificarse doutro xeito cando lle está quitando a posibilidade desta axuda a numerosas familias. En tres días de clase, vinte alumnos matriculados abandonaron a escola infantil, ante a pasividade dun goberno local que se limitou a explicarlles que a gardería xeraba déficit».

Según la socialista, «o goberno local, a estas alturas, tería que ter claro que un servizo público como a gardería está para xerar igualdade e xustiza social, para que todas as familias teñan as mesmas oportunidades, e non como un servizo mercantil pensado na recadación e nos beneficios económicos».

Malestar «comprensible»

A juicio de los socialistas, el malestar mostrado por las familias es comprensible. «Solicitarei ao Concello de Valga a convocatoria urxente da comisión da escola infantil de Valga, onde como primeira medida solicitarei que se lle devolva o importe da matrícula ás familias que se viron obrigadas a cambiar de gardería; como segunda medida, que o Concello de Valga garanta os postos de traballos das profesionais que agora mesmo prestan servizo na gardería; e como terceira medida a incorporación inmediata do Concello de Valga ao programa de axudas» de la Xunta de Galicia.