Axudas en Pontecesures para fomentar a igualdade.

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 29.323 euros a seis concellos da comarca de Ulla-Umia coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.

En concreto, serán os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Caldas contará con 6.000 euros, que destinará á realización de varias accións de prevención e sensibilización, como teatro ou campañas de publicidade. Para Moraña foron aprobados 3.924 €, cos que o concello realizará o proxecto A árbore da igualdade. Igualdade e novas tecnoloxías.

No que respecta a Pontecesures, a vila desenvolverá un programa de emprendemento e inserción laboral para mulleres cos 4.454 euros que lle achegará a Deputación. Para Portas o ente provincial aprobou 4.026 €, que irán destinados a avaliar o seu primeiro plan de igualdade e realizar o segundo.

Valga, pola súa parte, levará a cabo un proxecto de empoderamento de mulleres con sesións semanais grupais que inclúen traballo ca comunidade educativa grazas a unha achega de 5.605 euros.

El Correo Gallego

Hoxe luns, ás 20 h., pleno ordinario en Pontecesures.

Orde do día:

  1. Acta anterior.
  2. Moción do grupo municipal socialista sobre novos usos do monte Salgueiras-Lagoa.
  3. Moción do grupo municipal socialista para facer transitables as beirarrúas da Av. de Vigo.
  4. Moción do grupo municipal socialista sobre o recorte da Xunta na dotación do Plan Marco de Camiños Municipais no Concello de Pontecesures para o bienio 2020/2021.
  5. Proposta de acordo para delegación das facultades íntegras de xestión tributaria e recadación do IVTM.
  6. Proposta de acordo para instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que manteña os servizos e frecuencias dos trens cos que contaba Pontecesures antes da declaración do estado de alarma.
  7. Proposta de acordo de aprobación dos criterios de interpretación da normativa urbanística relativa ao réxime aplicable ás edificacións, construcións e instalacións desconformes co planeamento.
  8. Axudas solicitadas a través dal Liñas I, II e III do Plan Concello 2020. Dar conta.
  9. Período medio de pago a provedores 1º e 2º trimestre 2020. Dar conta.
  10. Resolución da alcaldía. Dar conta.
  11. Informes da presidencia.
  12. Rogos e preguntas.

Subvención para a bilioteca municipal de Pontecesures.

Un total de 45 concellos da provincia de Pontevedra beneficiaranse este ano das axudas que a Xunta ten en marcha para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina este ano 153.176,6 euros. Na comarca de Caldas beneficiaranse seis concellos.

Como publicaba onte o Diario Oficial de Galicia (DOG) a primeira liña de axudas, queubvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, beneficiará a Catoira, Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Valga e conta cunha dotación de 5.847,93 euros. Con esta medida a Consellería de Cultura pretende ofrecer aos usuarios e usuarias estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado.

O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas, ten como destinatarios este ano a un total de seis concellos desta comarca (Caldas, Catoira, Pontecesures, Cuntis, Portas e Valga) e as axudas alcanzan un importe total de 22.661,83 euros.

Estas liñas de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar e incrementar a oferta e o servizo aos usuarios.

El Correo Gallego

Comercios seguros en Pontecesures.

A Federación Provincial de comercio entregou en Pontecesures os selos do Comercio Seguro que acreditan que os establecementos que os reciben aplican os estrictos protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta tras a crise da COVID-19.Á entrega dos distintivos asistiron o Alcalde e o edil de comercio, Raimundo Vázquez, xunto co secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Enrique Núñez.Dende o equipo de goberno agardan que se unan a esta iniciativa máis establecementos e crear un punto de partida para futuras agrpacións de comerciantes e hostaleiros que permitan acceder ás axudas que dende a Xunta de Galicia se destinan á mellora do tecido comercial de proximidade e hostalaría de calidade.

Concello de Pontecesures

REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AXUDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIR B E C.

Axuda de 400 € para o permiso de conducir B.

Axuda de 650 € para o permiso de conducir C.


Beneficiarios:

  • Ter cumpridos 18 anos na data da solicitude.
  • Ter o permiso de conducir (B / C) con data de expedición entre o 01/01/2020 e a data da solicitude.
  • Ou, de non ter os permisos, xustificante de matrícula nunha autoescola no momento da solicitude (presentaranse o/os permiso/os no momento da xustificación (15/10/2020 data tope).
  • Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 31 DE XULLO. Aceptarán solicitudes ata agotamento do crédito, polo que é mellor solicitalas o antes posible.

+ INFO. e tramitación de solicitudes na Oficina Municipal de Información Xuvenil nas oficinas municipais. Tamén, de selo caso, tramitarase a inscrición no SNGX. Horario de 9.00 a 14.00 horas, necesaria cita previa no teléfono 986 564 410.

 BASES AXUDAS CARNÉ B e C NO DOGA (nº 46 do 09/03/2020).