Falleció José Antonio Domínguez Abreu.

A los 72 años de edad murió este vecino del Camiño de San Xulián 4 que estaba casado con María Teresa Baleirón Vigo.

Hoy domingo, a las 16 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Luego los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Parroquial de Santa María de Dodro.

Descanse en paz.

Carlos Baleirón: «O traballo de panadeiro é moi sacrificado, pero eu estaba adaptado».

O veciño de Padrón Carlos Baleirón acaba de xubilarse tras 50 anos no oficio

Con 14 anos, Carlos Baleirón Castro, veciño do lugar de Porta dos Mariños, en Pazos, no concello de Padrón, empezou a traballar na panadería de Rois que estaba preto da súa casa natal e fíxoo coa «idea de aprender un oficio», segundo conta. Aprendeuno e gustoulle, tanto que o enganchou e botou 50 anos traballando de panadeiro, sempre en horario de noite, ata hai unhas semanas que se xubilou con 64 anos, os 35 últimos empregado en San José.

Charly, como o chaman os seus compañeiros, é historia viva dun oficio, o de panadeiro, moi duro e moi sacrificado por ter que traballar de noite, pero que en moitos casos, como no del, acabaron por convertelo nunha forma de vida e nunha segunda familia. Así quedou demostrado á hora de facer as fotografías, coa emoción do xubilado, dos seus compañeiros e das súas empregadoras, Paloma e Eva Bustelo, actuais titulares da Panadería San José.

Así, Carlos Baleirón é dos da vella garda, dos traballadores que poden relatar que estiveron cincuenta anos na mesma profesión, coa excepcionalidade de que el, ademais, fíxoo sempre de noite, probablemente algo impensable no mundo laboral de hoxe en día.

Con 14 anos comezou a traballar na panadería de Rois e, daquela, fíxoo algo máis dun ano, para despois seguir co oficio en NoiaBoiro ou Extramundi. A San José volveu no ano 1989, ata a xubilación. Nesta empresa coincidiu con tres xeracións da familia fundadora.

Despois de medio século traballando de noite, estas primeira semanas de xubilación son de «adaptación» para Carlos Baleirón. Durante décadas levantouse ás dúas da madrugada para empezar a traballar ás tres e, despois de amasar e cocer o pan, pola mañá continuaba a súa xornada co reparto a domicilio. A súa ruta foi a última que suprimiu a panadería e, no seu caso, ía por Padrón, Pazos e a zona de Cruces.

Melloras

«Agora sería moi difícil atopar a alguén que aceptase traballar sempre de noite», asegura o panadeiro xubilado que, nos últimos anos, era o encargado de atender o forno. En cincuenta anos de profesión houbo melloras nas condicións de traballo, como non podía ser doutra maneira, afirma o protagonista. Pero, cun traballo destas características, a vida «non daba moito para eventos de tipo social ou familiar», corrobora a súa muller Amalia. «Chégalle o sacrificado que foi este traballo, pero fun toda a vida así e xa estaba adaptado. Ademais, eu prefiro ir sempre de noite que andar a cambiar quendas», asegura Carlos Baleirón.

«Era unha vida distinta; tiña o horario de durmir e de comer cambiados», engade a muller, en alusión a que durmía polo día e traballaba pola noite, algo que terá que cambiar agora. Cando se xubilou, Carlos Baleirón era o empregado con máis antigüidade de San José. «Agora vou vivir un pouco», di, ao que a súa muller engade «por min xa se puido xubilar antes».

En medio século, a profesión cambiou e moito, afirma o veciño de Pazos. «Para empezar, a cantidade de pan. Antes facíase moito máis e a maquinaria tamén facilitou moito o traballo», sinala.

Pese ao sacrificio de ter que traballar sempre de noite, Carlos Baleirón asegura sen rubor que lle «amolou» ter que xubilarse, pero a súa muller vai máis alá e sinala «si que ten pena».

Un firme defensor do pan feito nos obradoiros tradicionais

Carlos Baleirón xubilouse defendendo o pan feito nos obradoiros tradicionais, fronte á maior parte do que se vende en áreas comerciais. «O de San José é bo pan», asegura. A pregunta do millón no seu caso pode ser se, ao fronte do forno, se lle queimou algunha vez o pan. A resposta é afirmativa, pero a súa muller, que tamén traballou de panadeira e é filla de panadeiro, engade que «ata ao mellor panadeiro se lle queimou unha fornada de pan; iso é de toda a vida e xa o dicía meu pai». Coa xubilación, este matrimonio espera ter máis vida social co seu grupo de amigos, no que está Alberto Baleirón, primo de Carlos, quen tamén se acaba de xubilar despois de medio século de vida laboral.

La Voz de Galicia

Listas electorais de Padrón para o 28-M

BNG

  1. Beatriz Rei García
  2. Irene de Castro Graña
  3. Enrique del Río Gundín
  4. Gumersindo Rey Fornos «Sindo»
  5. Ramón García Rey
  6. Celia Coiradas Rivas
  7. Elisardo Pose Rodriguez
  8. Fátima González Rial
  9. Laura de Castro Graña
  10. Jacobo González Taboada
  11. María Alejandra Franco Fabeiro «Sandra»
  12. Anxo Vidal Vidal
  13. María Esther Baleirón Sóñora

Suplentes

  1. Anghara Martínez Tajes
  2. Martín Seco Quintáns
  3. Verónica Andrea Gutiérrez Pulgarín
  4. Raquel Lorenzo Gómez
  5. Xoán André Santaló Rios

PP

  1. Antonio Fernández Angueira
  2. José Ramón Pardo Andrade
  3. Lorena Couso Dopazo
  4. Francisco Javier Guillán Iglesias
  5. María del Carmen Bustelo Rial
  6. Andrés García Bustelo
  7. Yésica Rosales Dios
  8. Francisco García Dios
  9. María Luisa Vázquez Sóñora
  10. Miguel Fernández Gómes
  11. María Cruz Sandez Rego
  12. Mónica Cajaraville Pose
  13. Ángel Rodríguez Conde

Suplentes

  1. Sergio Rodríguez Cespón
  2. María Dolores Fuentes Gil

PSdeG-PSOE

  1. Anxo Rey Arca
  2. María Jesús Campos Varela
  3. Ana Belén Castro García
  4. Laura Horta Ignacio
  5. José Luis Mariño Castro
  6. María de los Dolores Saco Vigo
  7. Yolanda Carbia Castro
  8. Daniel Calvo Fuentes
  9. Débora Pardal Rodríguez
  10. José Ramón Rial Citoula
  11. María Begoña Fernández Fernández
  12. Rodrigo Casal García
  13. Román Citoula Blanco

Suplentes:

  1. Camilo Forján Seoane
  2. Francisco Almeida Betancort
  3. Ana Belén Citoula Vázquez

PODEMOS

  1. Ana Belén Angueira Pérez
  2. Cristina Otero Gaspar
  3. Roberto Blanco García
  4. Nelle Pérez Franco
  5. Andrés Barros Nogueira
  6. Anabel Otero Otero
  7. María José Caramés Otero
  8. Francisco Sánchez Ferro
  9. Luis Magariños Iglesias
  10. Alba Ferro Figueira
  11. Lucía García Santos
  12. Juan Carlos Sáinz Colina
  13. María Teresa Neira Jamardo

Suplentes

  1. Manuel Recouso Piñeiro
  2. José Figueira Rodríguez

VOX

  1. Ramón Rey Pérez
  2. Digno Sanmiguel Senín
  3. José Ángel Blanco Martínez
  4. Rosa María Carou Somoza
  5. Nerea Cacheiro Uribarri
  6. Javier Vázquez Becerra
  7. María Luisa Jamardo Doce
  8. María Carmen Uribarri González
  9. Daniel Sánchez González
  10. José María Lobo Rico
  11. Elena María Colón Torrent
  12. María del Carmen Fajardo Diz
  13. Sergio Sánchez González

Suplentes

  1. Marta Victoria Hernández Moro
  2. Armando Corral Villasuso.

Composición de las mesas electorales para las autonómicas del 12 de julio.

Mesa U

PRESIDENTA: Beatriz Cheda Borrazás (suplente 1º, David Brea Refojo; suplente 2º, Gonzalo Gerpe Jamardo). VOCAL 1º: Borja Lorenzo Lafuente (suplente 1º, Marcial Villamarín Grela; suplente 2ª, Mª Esther Castroagudín Chenlo). VOCAL 2ª: Verónica Raposo Vázquez (suplente 1º Ricardo Riveiro Pérez; suplente 2º Manuel Tarrío Jamardo).

Sección 2ª, Mesa A

PRESIDENTA: Diana Baleirón Barreiro (suplente 1º, Ezequiel Duro Fabeiro; suplente 2ª, Cándido Duro Domínguez). VOCAL 1º: José Luis Castiñeiras Uzal (suplente 1ª, Noelia Castiñeiras Seco; suplente 2ª Ana Mª Carbia Méndez). VOCAL 2º: Félix Eiras Angueira (suplente 1ª, María Carlés Ferro; suplente 2º, Santiago Agustín Blanco Rodríguez).

Sección 2ª, Mesa B

PRESIDENTA: Magda Miroslava Gil Martínez (suplente 1º, Francisco Javier Lorenzo Barros; suplente 2º, Gustavo Miguéns Gasamanes). VOCAL 1ª: Rosa Fernández Chaves (suplente 1ª, Amara Insua Lema; suplente 2º, Marcos Miguéns Gasamanes). VOCAL 2ª: Andrea Miguéns Cordo (suplente 1ª, María García Fontenla; suplente 2º, Sebastián Javier Fiore Codesido).

Sección 2ª, Mesa C

PRESIDENTA: Mª Dolores Villamarín Martínez (suplente 1º, Francisco José Touceda Touceda; suplente 2ª, Jennifer Villamarín García). VOCAL 1ª: Mª Cristina Otero Mouro (suplente 1ª, Mariana Senín Santiago; suplente 2º, Óscar Núñez González). VOCAL 2º: Francisco Quintá Barros (suplente 1º, Manuel Refojo Doce; suplente 2º, Martín Teijeiro Enrique).

Murió «Baleirón».

A los 69 años de edad falleció en el día de ayer, José Manuel Suárez Baleirón, vecino de Pontecesures que estaba casado con Mª Carmen Silva López.

Sus restos mortales recibieron sepultura esta mañana en el Cementerio Parroquial de Santa Columba de Cordeiro.

Descanse en paz.

O Concello de Padrón falla o cuarto certame poético que leva o nome de Rosalía de Castro.

A gañadora é Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva, polo seu traballo «Onde dá a volta o aire».

O Concello de Padrón fallou onte a cuarta edición do Certame Poético Rosalía de Castro, que recaeu por maioría no traballo Onde dá a volta o aire, presentado por Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva, que reside en Valencia. O xurado estivo presidido polo alcalde, Antonio Fernández, e formado, ademais, pola concelleira de Cultura, Lorena Couso; o escritor, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a profesora da Universidade viguesa e membro da Asociación Galega da Crítica Ana Acuña; o membro do Padroado da Fundación Rosalía e mestre xubilado Manuel Lorenzo Baleirón; a profesora de Lingua e Literatura Galega do IES Camilo José Cela María Xesús Senín; e a docente de Filosofía e Tradución da Universidade de Vigo Rexina Rodríguez. Ana Acuña xustificou a súa ausencia e deu a súa valoración a outros membros do xurado.

Ao certame presentáronse un total de 24 traballos e o gañador será publicado ao tempo que recibirá un cheque de 1.500 euros.

La Voz de Galicia