O Concello de Padrón falla o cuarto certame poético que leva o nome de Rosalía de Castro.

Publicado por Redacción en

A gañadora é Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva, polo seu traballo «Onde dá a volta o aire».

O Concello de Padrón fallou onte a cuarta edición do Certame Poético Rosalía de Castro, que recaeu por maioría no traballo Onde dá a volta o aire, presentado por Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva, que reside en Valencia. O xurado estivo presidido polo alcalde, Antonio Fernández, e formado, ademais, pola concelleira de Cultura, Lorena Couso; o escritor, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a profesora da Universidade viguesa e membro da Asociación Galega da Crítica Ana Acuña; o membro do Padroado da Fundación Rosalía e mestre xubilado Manuel Lorenzo Baleirón; a profesora de Lingua e Literatura Galega do IES Camilo José Cela María Xesús Senín; e a docente de Filosofía e Tradución da Universidade de Vigo Rexina Rodríguez. Ana Acuña xustificou a súa ausencia e deu a súa valoración a outros membros do xurado.

Ao certame presentáronse un total de 24 traballos e o gañador será publicado ao tempo que recibirá un cheque de 1.500 euros.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.